mercredi 26 juillet 2017

OS AMIGOS DOS MÚSICOS TAMÉN SON MÚSICOS

  NON SOMOS CONSCIENTES do valor da nosa cultura. Deberíamos prestarlle máis atención porque empeza a ser unha civilización mesopotámica: ten uha solidez centenaria, abrangue todas as artes con riqueza en cada disciplina, e está a unhas décadas de ser unha bonita fonte de inspiración para souvenirs.     O problema non é soamente que os galegos estean tolerando que o seu idioma, o seu punto de vista da realidade, desapareza; o problema é que vai arrastrar á cultura. Si, sen idioma que a sustente, non hai... [Lire la suite]

dimanche 22 juin 2014

O ATÚN Á GRELLA E A MADALENA DE PROUST

UNHA NOITE decidín que non quería coñecer a ninguén que admirase. Receteime esa cuarentena para evitarme desilusións estaba nun pub con música radioformuleira parede con parede coa casa do Antiguo de Oviedo na que disque que Clarín puxo a vivir a La Regenta. Pasoume pola beira José Agustín Goytisolo. O poeta andaba coa mirada utópica dos borrachos, asolagado de xenebra. Berraba que un colega da Xeración dos 50 era «un membro menor, en todos os sentidos».Ao día seguinte, os dous estabamos na conferencia que deu no Campoamor. Eu, como... [Lire la suite]
dimanche 8 janvier 2012

O PÁIS DOS ANXOS (unha explicación para 'Unha defensa de Anxo Lorenzo')

Son un militante de causas de pésima calidade. Dáseme estrepitosamente mal marchar detrás de bandeiras e pancartas, atender a códigos e normas, asinar manifestos e asentir a proclamacións alleas. Prefiro andas ás ceibas, reflexionar dentro dos meus marcos. Hai uns anos, cando o Bloque xa metera a Ánxela Bugallo dereitiña polas escaleiras da Consellaría de Cultura abaixo, tiven a ocorrencia de valorar positivamente a xestión. Daquela, os puristas acenderon os ollos e botaron escuma pola boca. Aínda hoxe continuo acreditando en que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:42 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,