
No paseo de regreso á casa de hoxe sentín un grilo no interior opaco dun mato. Os grilos máis fortes fregan as ás para apareárense. Sorprendeume escoitar a ese grilo porque nunca me acontecera en Lugo. Na casa da infancia, en Ribadeo, era habitual o manto de sons de grilos que ascendía dende o xardín á miña cama, nun cuarto do primeiro andar da Casa do Gato. No alborexar, saíamos cazalos asolagando os seus tuneis con mexos ou con botellas de auga para atrapalos en botes dourados de pelotas de tenis Dunlop cando fuxían. O regreso á...
[Lire la suite]