mardi 18 novembre 2014

O AMOR NOS BARRIOS DO CÓLERA

Alain Finkielkraut desvela costumes tristes das cités francesas (en La identidad desdichada, Alianza Editorial). As cités son as barriadas nas que viven os miserables do postcolonialismo, fundamentalmente os netos do Magreb. As rapazas deben levar veo. Algunhas valentes evitan cubrir a cabeza, pero non ousan poñer saia (xa non maquillarse ou subir a tacóns). Censúranse a levar pantalón, mais non pantalon e tenis, non; ha ser pantalón de chándal e chaqueta de chándal. Como atrevemento, cubren o pelo cunha gorra pode facer as veces do... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:40 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,

samedi 15 novembre 2014

O SÉCULO XIX VOLVE ÁS PISCINAS DE EUROPA

Ao alcalde de Vitoria non lle gusta que haxa mulleres que se bañen nas piscinas públicas da cidade con veo. A min tampouco. Javier Maroto fixera outras declaracións nas que xeralizaba sobre o abuso dos inmigrantes cos servizos sociais municipais. Niso si que discrepo. Primeiro, polo inxusto da xeralización; segundo, porque non se pode censurar a ninguén por cubrir tratar de comer e durmir todos os días e todas as noites. Ante todo, debemos ser humanos con outros seres humanos. Asunto distinto é darse un baño nunha piscina, un pracer... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:13 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,