jeudi 4 juin 2015

OS PRÓXIMOS ALCALDES DE NUNCAXAMÁIS

David Remmick expón en Reportero (Debate) a frase coa que Al Gore se presentaba nos discursos públicos tras perder as eleccións: "Son Al Gore. Fun o próximo presidente de Estados Unidos". Galicia anda chea estes días de candidatos que ían ser futuros alcaldes e flamantes presidentes das deputacións. O caso máis sangrante aconteceu coa Deputación de Lugo como ceo á asaltar. Raquel Arias propuxérase hai uns meses como próxima presidenta abrindo unha batalla que acabou como a de Agincourtpara os franceses. Agora, coa cadeira de... [Lire la suite]

mardi 28 avril 2015

A ESTACIÓN DA CAZA DA BALEA

Todos os camiños que conducen a Filgueira Valverde teñen a confusión por destino. A miña visión é negativa porque manchou as mans de franquismo, pero escoito os sabios para chegar a un calveiro do bosque escuro no que convencerme de que estou sendo xusto con el. Quen o coñeceu abre a boca para que resoe a súa bonhomía e a súa inmensa capacidade cúbica coma intelectual. Esa opinión nada ten que ver coa posición política na que se atope cada quen. Felipe Arias e Francisco Calo debuxáronme onte na cafetería de San Marcos, en Lugo, un... [Lire la suite]
dimanche 22 février 2015

A ENTROPÍA DA OPOSICIÓN GALEGA

Feijoo mitineaba onte en Lugo que a alternativa ao PP "é un  gran burato negro", aínda que logo veu expresar que non era un baleiro compacto de antimateria, senón máis ben "unha sopa de letras e mareas". O afinador do discurso do presidente debería ter lido algo sobre buratos negros alén de mirar La teoría del todo, donde se resume a vida de Stephen Hawking en amoríos, desgrazas, crueldades e tres minutos de sona para Penrose. Mesmo me atrevo a recomendarlle ao afinador o libro Desde la eternidad hasta hoy (Debate), de... [Lire la suite]
mardi 14 octobre 2014

AS ESFERAS DO SIMBÓLICO

Feijoo colgaba o domingo un pedazo de metal atado a unha fita, que representa a Galicia na súa Medalla de Ouro, nunha varela que termaba dun metro cadrado de tea vermella e gualda, que representaba á XV Zona da Garda Civil. O presidente agradecía aos militares que fixesen (ben) o seu traballo en Angrois. Se lle extraemos toda a carga simbólica, o acto resulta extravagante. Un adulto traxeado en gris condecorando unha enseña que sostén outro adulto vestido de verde e con tricornio negro. Ás veces é sorprendente observar as esferas do... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 03:59 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
lundi 16 juin 2014

DESPOIS DOS ROÁS E OS CURRÁS

Compostela é un invento xenial de Afonso II O Casto, Diego de Xelmírez, Manuel Fraga e Xerardo Estévez. Sánchez Bugallo non pasou de ser un bo mantedor antes de entregar as chaves da cidade, por imperativo legal, a roás e currás. O declive da nosa cidade máis importante pode verse refreado agora coa designación de Agustín Hernández. Feijoo perder un dos seus conselleiros máis capacitados; libérase dun aspirante secreto ao seu posto e, posiblemente gaña un alcalde que devolve a sensatez e a discrección ao Pazo de Raxoi. As... [Lire la suite]
mardi 10 juin 2014

ÁNGEL CURRÁS EVITOUSE SER MONSIEUR BOVARY

  Ángel Currás decidiu evitarse o triste papel de Monsieur Bovary. Ser alcalde dunha cidade internacional coma Santiago debe de representar unha dignidade de ouro e lume sobre a que paga a pena permanecer sentado. Pero Currás entendeu que lle quedaba un ano ata as municipais e que o botarían á pira funeraria. Evitouse que o marchen. Feijoo actuou rápido, sacrifica unha peza maior, o segundo na sucesión. O presidente amarra Galicia. As augas do Manzanares baixan toldas e poida que nin Rajoy, capaz de aguantar nas peores... [Lire la suite]