samedi 24 décembre 2016

A ÚLTIMA PALABRA SERÁ MAIONESA

  O xoves dei un paseo con tanta folgura que rematei nun cine. Deambulei por volta de hora e media. A andaina foi longa, non porque Lugo se teña convertido nunha cidade extensa, senón que lle fixen un circunloquio. Agora ninguén deambula, nin sequera camiña. Non, botan unha carreiriña de can dende o coche aparcado con luces intermitentes ou póñense roupas fuorescentes para correr como se fosen árbores de Nadal móbiles. Eu adoito deambular cada día. Axúdame a coñecer a cidade e a xente. Nunca volverei mirar unha rúa como... [Lire la suite]

dimanche 11 mai 2014

A DIFICULTADE DE MUSICAR A RAMÓN PIÑEIRO

  NA PRIMAVERA de 2008 atopei un cantante lucense saíndo da sucursal de Caixanova na rúa da Raíña. Andaba nervioso, como se calculase feitos inanes, como se o seu equipo ía gañar a Liga ou algo igual de trascendente na súa economía. Confesoume que estaba formulando hipóteses sobre as Letras Galegas. «Álvarez Bláquez non foi mal homenaxeado», retruquei como se soubese moito sobre o editor e poeta. Miroume como se eu fose o modelo para crear o parvo universal. «A miña preocupación non é este ano, senón o vindeiro», confesou... [Lire la suite]