dimanche 13 mars 2016

BOXEANDO SOMBRAS POLA MORTE DE BIALETTI

    ESTA SEMANA non houbo mañá na que espertase axitado. Cedo, por volta das seis da mañá. Quedei trastocado polo pasamento de Renato Bialetti. Máis ca morte en si, decepcionoume a nula atención dos medios españois. Houben de lelo en Il Corriere della Sera. A páxina completa, claro.Como non acougaba na cama, día tras día erguínme para tomar un café da miña Moka Express. Teño estima a esa cafeteira. Collín un voo de Ryanair no Nadal de 2014 para viaxar a Roma. Entrei nunha tenda pequena e escura da Via del Corso, unha... [Lire la suite]

dimanche 14 février 2016

OS NOSOS ESCRITORES COÑECEN OUTRAS GASTRONOMÍAS

ÉRASE UNHA VEZ un país moi lonxano no que un rei coordenaba a actividade parlamentaria ante a incapacidade dos partidos para formar goberno... Bah! Ese conto non me gusta. Voulles contar outro. Unha noite de néboa camiñaba por Santiago. Para ver Eyes wide shut nun cinema tivera que desprazarme dende Lugo á capital. Cruzaba Praterías en dirección ao aparcadoiro, cando se me atravesou unha figura alta vestida de negro, cun sombreiro milanés do século XVIII e a cara escondida por unha máscara de antroido veneciano tan cursi como todas... [Lire la suite]
dimanche 25 janvier 2015

O CEO DO SAVOY ESTRELADO DE OBUSES

    NO ANO 1983 o meu pai mandoume en misión diplomática á Universidade de Santiago. Como non tiña intención algunha de memorizar libros; unicamente de lelos, busquei un lugar equidistante de dúas facultades áulicas: Dereito e Farmacia. Xusto nese punto, atopei un fogar na cafetería do Sindicato Español Universitario (SEU). Todo era amplo nesa institución hostaleira: os horarios, os ventanais e a selección de prensa.     Cada mañá asitía á facultade co desencanto cansino co que Alvite comparecía na caixa... [Lire la suite]