mercredi 1 avril 2015

OROZCO NON SUCEDERÁ A OROZCO, PERO CASE

Anxo Lugilde sorprendeuse hai un par de días cando lle comentei que Orozco  podería encabezar a lista máis votada en Lugo. Orozco, si; o imputado que vai quitando de enriba aos poucos, sentenza a sentenza, as sospeitas. Se non fose un señor tan aparente compararíao co chícharo que soporta o peso dos colchóns sobre os que durme a princesa. Orozco, 16 anos como alcalde, con obras acertadas e devocións persoais ruinosas, é un rexedor que respira a cidade, por moito que se lle engole a voz cando fala dela. Enfronte ten a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:53 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,

samedi 3 décembre 2011

MEMORIA DE REXISTRADOR, MEMORIA DE PEIXE

Disque Rajoy ten unha memoria elefántica de opositor a rexistros exitoso. Debería enfocala cara ao seu propio pasado e reflexionar sobre o xeito no que habilitou como demócratas ao compañeiros do seu primeiro partido, Os Sete Magníficos. Nin se lles reclamou arrepentimentos polo que fixeran outros (ou algúns deles) nin se lles impediu formar grupo parlamentario. Sería extravagante que o PP llelo concedese a 5 deputados e llelo prohibise a 7. O peche deste ciclo de violencia repugnante require que Rajoy aplique unha memoria de peixe e... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:52 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,