jeudi 27 août 2015

UN SACO CONTRA O QUE GOLPEAR

Dende que cumprín 50 anos o meu pelo mantense como estaba, non cae pero non medra. Pásame como á UPG; que cumprín cincuenta anos, digo. O pelo que me fasciunou dende neno foi o da miña avoa paterna, Juana Isasi. Era branco, solto e lixeiro como a cola do cabalo que montaba o seu fillo Juan con furia parasitada ao Deus do Vello Testamento para matar bolcheviques na fronte de Novgorod. A miña avoa morreu en xaneiro de 1969, cando Nixon estreaba a gravata dominical de presidente dos Estados Unidos. Juana nunca soubo quen era... [Lire la suite]

mercredi 15 octobre 2014

MEXEI SOBRE OS MUROS DO PENTÁNGONO

Xavier Vence poñía antonte un novo cuño para facer patente a negativa do Bloque a pactar coa esquerda española e coa versión en miniatura do propio BNG que lidera Xosé Manuel Beiras. Aínda sendo eu partidario dun pacto coxuntural para as eleccións municipais que permita catro anos de poder local para a progresismo nacionalista, comprendo que o líder do BNG perciba a Esquerda Unida-Anova e Podemos coma formacións perecedeiras. A duración da vida política de Beiras, que el teima en ligar á súa vida biolóxica -percibo que por... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:05 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,