lundi 30 mars 2015

ASCENSOR AO CADARSO

Cando xogo ao xadrez poño de fío musical, baixiño, o disco Ascenseur pour l'echafaud, que Miles Davis gravou nunha noite insonme de decembro en París mentres se reanimaba coas copas que lle ía achegando Jeanne Moureau. A tradución do título sería Ascensor ao cadarso, pero o meu rival de xadrez non sabe francés e, como consecuencia, non apreza esa ironía sobre o meu escaso nivel. Soamente teño un rival: o meu fillo Antón. Non me atrevo a xogar con ningún outro. De feito, Antón e, sobre todo, a súa resistencia a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 02:07 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,

dimanche 8 mars 2015

UN XANTAR HIPOTÉTICO CON MANUEL DE LORENZO

A cita consistía en xantar con Manuel de Lorenzo o sábado. Manuel de Lorenzo e máis eu soamente, pero eu leveime a Antón (+8) porque estaba desparellado de nai e irmá. Manuel ten un costume ourensán -inventado polo ciceronián Baltar de Senectute- consistente en comer o primeiro prato cunha xente, e o segundo, con outra, polo que le fixen unha encerrona. Conducíno ao Papéame, un lugar afastado de Lugo, no que as hamburguesas son de tamaño Bilbao. Pretendía bloquearlle todo punto de fuga para poder... [Lire la suite]
jeudi 19 février 2015

A TRAXEDIA SILENCIOSA E TORPE DO REI

Antón (+8) está en cadeira de rodas porque lle deron unha patada estrondosa nun partido de hai quince días. Afora (afora é Ribadeo, afora é o piso no que se acomoda o noso lecer familiar) chove con interese. Nada concreto e excitante a facer. Propoño a Antón xogarmos ao xadrez, aínda sabendo que el leva catro anos federado e consciente da miña inútil capacidade para concentrarme, do meu minúsculo interese pola traxedia silenciosa e torpe do rei (medio coxo e soxulgado a ser defendido por outros dunha morte que lle está escrita no... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:35 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,
dimanche 14 décembre 2014

AS FENDAS NA CASCA DAS ABELÁS

Tarde de cine con Sara e Antón onte. Fomos mirar Interestellar. Fascinante lección sobre o Ser o Tempo. Non deixo de lembrar a Heidegger en toda a proxección. Os protagonistas son seres tratando de escapar ás horas que os matan para continuar vivindo. O filme ten mesmo algúns desvíos pedagóxicos no guión que se agradecen porque explica dun xeito comprensible os buratos negros, os buratos de verme e as catro dimensións (ancho, alto, fondo e tempo), á que engaden a gravidade como quinta. O meu pai era físico, pero eu non paso de... [Lire la suite]
samedi 18 octobre 2014

SOPA LIONESA

Xermán Refojo publicaba esta mañá no seu Facebook unha imaxe de dúas mulleres facendo un estampado. Encantoume. Unha hora despois atopei a Refojo na froitería do Gadis. Pregunteille. "E un estampado lionés, colle o nome de Lyon", informoume antes de explicar que é unha técnica manual de estampado usada e que a fotografía era dos anos 40. Refojo é un sabio de procedementos artísticos. Aprendo cousas fascinantes escoitándoo. Os estampados fanse agora maioritariamente a máquina. A miña muller, Ana, e o meu fillo Antón levaron á... [Lire la suite]
mercredi 8 octobre 2014

TRES GOLPES

A sobremesa da cea foi un iogur, xa contra a medianoite. Sentei comelo diante do televisor mirando unha canle calquera de R, penso que National Geographic. Debía agardar media hora para darlle unha medicina a Antón, que se mancou por terceira vez consecutiva en tres días consecutivos no brazo dereito. Botaban un documental sobre Pol Pot, o estudante de enxeñería cambodiano en Francia. Cando asistía a clases en París non se chamaba así. Logo descubriu que os únicos que se manifestaban nas rúas contra a colonización de Vietnam eran os... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:56 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,

mardi 23 septembre 2014

UN SEGUNDO NA ESCURIDADE

Xusto un segundo antes de quedar durmidos preséntansenos no dormitorio os medos todos. Os adultos da segunda idade tememos espertar no corazón da escuridade tusindo con frecuencia exasperante. As persoas de máis anos mesmo temen quedar atrapadas no Gran Soño. Na película de Howard Hawks The big sleep, o detective Philip Marlowe esixe a un sospeitoso: «Dime a verdade porque non abofeteo ben a estas horas da noite». O cansanzo pouco axuda a asustar as ameazas intanxibles. Os temores nocturnos máis intensos son os que atrapan aos... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:53 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,
mercredi 6 août 2014

KADDISH AO SOL

Un sol de megaconstrución pesaba sobre a terraza do Costa Verde. O espazo de mesas e cadeiras de trinta metros cadrados era o único ámbito humanizado en Ribadeo na tarde agostosa de onte. Eramos unhas vinte persoas repartidas en grupos de catro, de dos e de unha: viúvas a acougar, divorciadas consoladas, algunha neska zarra (rapaza vella, en euskara; solteirona) e máis eu. También outras tres amigas entre elas das que ignoraba identidade e estado civil. Eu acompañaba a Itziar, a miña nai, no canto do seu kaddish en palabras... [Lire la suite]
samedi 21 juin 2014

UNHA PELOTA LARANXA

O paseo desta mañá levoume polo centro da cidade, entre o sol que recendía e o lixo escuro sen recoller. Quero pensar que houbo un momento en que os traballadores de Urbaser tiñan algún motivo para anegarnos nesta peste durante dez días, pero xa non o lembro. Excusan de recordarmo porque non me vexo capaz de dixerilo. Na camiñada houbo arcadas, pero también houbo a felicidade de perseguir unha pelota laranxa tras a cal ía Antón (+8). O meu fillo regateaba un viandante, unha farola e un banco con ese sentido do espectacular que teñen... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:32 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
samedi 24 mai 2014

OS BEIZOS DERROTADOS

Estamos os tres na cociña. Antón argalla entre os seus cereais e o Fifa 2014 sen acabar de atender ao que debe. Teño 48 anos. O meu xaxún é o momento do primeiro medicamento que debo tomar de xeito regular na miña vida. Sara ten ollos grandes, coma as personaxes de manga. Observa os meus beizos caendo no intre de tragar a pílula. Revélase suavemente amarga ao pousala na lingua, pero Sara sabe que non é iso o que me estarrece. Sara é observadora. Non quere ser xornalista porque non quere ser o seu pai. "¿Por que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:05 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : , , , ,