samedi 3 février 2018

MAMBRÚ MARCHOU Á GUERRA. E VOLVEU?

ANTÓN LOPO  telefonoume aí atrás coa súa voz esclarecida. «Jaure, déronme un premio. Temos que celebralo. Vén a Monforte de Lemos. Convido a unha botella de viño». Fixo un silencio bursátil e matizou: «Viño do bo». Os poetas saben acariciar eses detalles imperceptibles. É bo poeta. Un xurado unánime vén de concederlle o Lueiro Rey por Corpo.      Subín en Lugo ao tren máis rápido que temos e que me foi conducindo «pola beira do Miño,/ me leva e me leva polo meu camiño./ O tren vai andando pasiño a pasiño/ e... [Lire la suite]

dimanche 8 juin 2014

TEMPOS INESTABLES PARA A LÍRICA

Nos anos 80 Galicia limitaba ao norte coas revistas La Naval e Luzes, e ao sur coa Movida de Vigo. Manuel Rivas e os irmáns Pereiro achegaban a letra; Antón Reixa, Julián Hernández e German Coppini escribían a banda sonora.Non lonxe lles andaba Miguel Costas, o galego que mellor comprendeu os tres minutos de frescura pop. Non chegou a ningures con Aerolíneas Federales porque nunca aspirou a unha medalla ao Mérito no Traballo. Ten confesado que marchou de Siniestro Total «porque traballaban demasiado».Entre os vigueses, Reixa acertou... [Lire la suite]