samedi 1 juillet 2017

O SOL DETÍVOSE SOBRE A RÚA DAS TABERNAS

    DEUS INSPIROU a escrita da Biblia coa mesma ambición de grandiosidade e durabilidade que Cecil B. DeMille cando dirixiu a Charlton Heston en Os dez mandamentos. Deulle unha caxato e mandouno a separar as augas do mar Vermello. Non llo puxo fácil.Esa escena das Sagradas Escrituras resulta espectacular, pero a miña favorita é a de Xosué detendo o sol en pleno tránsito polo ceo. O astro rei «non se apresurou en poñerse durante un día enteiro» (Xos; 10, 21) para permitir que Xosué vencese a batalla contra os cinco reis... [Lire la suite]

dimanche 14 février 2016

OS NOSOS ESCRITORES COÑECEN OUTRAS GASTRONOMÍAS

ÉRASE UNHA VEZ un país moi lonxano no que un rei coordenaba a actividade parlamentaria ante a incapacidade dos partidos para formar goberno... Bah! Ese conto non me gusta. Voulles contar outro. Unha noite de néboa camiñaba por Santiago. Para ver Eyes wide shut nun cinema tivera que desprazarme dende Lugo á capital. Cruzaba Praterías en dirección ao aparcadoiro, cando se me atravesou unha figura alta vestida de negro, cun sombreiro milanés do século XVIII e a cara escondida por unha máscara de antroido veneciano tan cursi como todas... [Lire la suite]
dimanche 8 janvier 2012

O PÁIS DOS ANXOS (unha explicación para 'Unha defensa de Anxo Lorenzo')

Son un militante de causas de pésima calidade. Dáseme estrepitosamente mal marchar detrás de bandeiras e pancartas, atender a códigos e normas, asinar manifestos e asentir a proclamacións alleas. Prefiro andas ás ceibas, reflexionar dentro dos meus marcos. Hai uns anos, cando o Bloque xa metera a Ánxela Bugallo dereitiña polas escaleiras da Consellaría de Cultura abaixo, tiven a ocorrencia de valorar positivamente a xestión. Daquela, os puristas acenderon os ollos e botaron escuma pola boca. Aínda hoxe continuo acreditando en que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:42 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
samedi 7 janvier 2012

UNHA DEFENSA DE ANXO LORENZO

Acredito na honestidade de Anxo Lorenzo. Arestora sinto o vocerío da humanidade galega reprochándome a afirmación. Permítanme que me explique. Ben, responde pegadamente ao que penso, polo prefiro expresalo cunha firmeza que non se consinte matices. Con crer niso, penso que se equivocou de país e de potencialidade. Enganouse de país porque Galicia padece unha presión ambiental de orixe católica que condena en todo canto leve o afeado recendo da ambición. Eu, ateo calvinista, defendo que os homes cargamos coa obriga de petar contra o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:37 - Commentaires [4] - Permalien [#]
Tags :