
A MIÑA CASA quedou desolada a fin de semana pasada. Marcharon todos. Tiven que ser valente para afrontar a crise. Quitei La Cocotte, unha pota de ferro inventada en París, como Notre Dame ou os corchos do champán Moët et Chandon. Cociñei lentilles à cinq legumes, que son unhas vulgares lentellas con cinco verduras, nomeadas con elegancia. Mentres cociñaba, servinme Moët; o abandono alíviase mellor cunha bebida de luxo. Na cociña soaban o chop chop da pota e as canzoni de Piero Ciampi en versión de Bobo Rondelli, que soan...
[Lire la suite]