
MARCEL PROUST desconfiaba da arquitectura. Non exactamente da arquitectura, senón máis ben de procesos relacionados con ela, como as mudanzas. A súa familia, que vivía en París, decidiu en 1900 cambiar de piso para vivir na Rue de Courcelles. Marcel escapou a Venecia mentres durou o cambio de casa. Cinco anos despois, tras a morte da nai, acabou recoñecendo que a arquitectura das lembranzas lle pesaba de xeito insorportable. «Mamá levou canda ela o pequeno Marcel ao morrer», escribiría.
Soportou esa tristeza uns poucos...
[Lire la suite]