dimanche 29 mai 2011

O MILAGRE DA ROBALIZA

O MEU TOP de milagres ten nos postos de saída os relacionados coa gastronomía. Non nego o mérito de poñer andar a Lázaro, pero fascíname máis a multiplicación dos pans e os peixes, a conversión de auga en viño en Caná ou, remontándome ao Vello Testamento, o maná. Non cumprira ben os doce anos cando unha profesora, que tamén era monxa, dedicou unha clase a deconstruír unha milagre tras outra. A docente procuraba, con toda a boa vontade, achegar racionalidade á nosa fe, pero desilusionoume. Son un deses organismos peculiares que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 14:47 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :

lundi 23 mai 2011

A REVOLUCIÓN DO CHATEVÊN

A información sobre o que están comendo os concentrados que nas acampadas para pedir Democracia Real escasea. Ás veces escoito comentarios sobre que unha señora investiu 400 euros en churros para os manifestantes da Porta do Sol e outras cousas desa caste que un descoñece se son lendas actuais como a da moza que fai autostop nunha curva. A maioría dos protestantes ronda os 30 anos e, con ese decorado de sofás, colchóns e tendas modelo igloo de Quechua: ou están rodando unha versión española de ‘Friends’ ou son inquilinos de pisos de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:42 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
dimanche 1 mai 2011

A SÍNDROME DE LISBOA

SÉRGIO DE PAULA SANTOS fachendea en Memórias de adega e cozinha (Senac, 2006) do Tavares Rico, un restaurante situado en Lisboa dende 1784. O ‘connaiseur’ brasileiro presume con tanta largura porque asegura frecuentalo «dende inicio dos 70, pouco antes da Revoluçao dos Cravos». Sinala que este resturante leva servindo máis de dous séculos, unha lonxevidade «inimaxinable cando máis da metade dos resturantes non dura cinco anos». Aproveitando esta circunstancia biográfica excepcional do local do Chiado, que non fica lonxe do café... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:12 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
samedi 9 avril 2011

FILOSOFÍA ÁS FINAS HERBAS

UN AMIGO que estudaba Filosofía en Santiago deseñou para min unha imaxe belísima. Contou que Nietzsche toleara de xeito tan exacerbado contra a fin da súa vida que se botaba ao campo para bailar cun tutú. Nunca dei comprobado ese conto, pero tampouco me importou. Esta semana René Redzepi voou ata Vitoria co seu equipo -un portugués, un norteamericano, un sueco, un australiano e un británico- como se fosen forzas das Nacións Unidas interpoñéndose entre os partidarios da culler e os partidarios da escuma, entre os sobrios aos que acouga... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:24 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
dimanche 13 février 2011

A PAELLA CÓMESE CON PAELLA

OS GUIONISTAS provócanme unha certa compaixón. Deben de andar mal alimentados. Unha eiva que eu atribúo a que adoitan facerlles encargas voluminosas a desenvolver en pouco tempo que eles cumpren en madrugadas luminosas de pantalla de ordenador e lámpada sueca. A miña desconfianza vén de que é raro mirar nunha película ou nun cómic actuais a personaxes comendo e aínda máis gozando do que están comendo. Afortunadamente Jorge Coira empuxou cara adiante a convición de que a maioría das decisións importante tomámolas sentados a unha... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:37 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
vendredi 11 février 2011

PILI PAMPÍN NA SUPERBOWL?

HAI PATRIOTAS que están certos de que os himnos son demasiado trascendentes como para confiarllos a unha cantante de pop. Agora asinten compracidos no cumprimento da profecía: Christina Aguilera era inaxeitada para cantar o himno norteamericano na Superbowl porque se enganou en dúas frases. A letra da BSO oficial dos Estados Unidos tampouco ten tanto aquel, non é coma o noso, que non se arredra en insultar a «imbéciles e escuros», nesa arroutada tan escarallantemente tola de Pondal. Cando menos, tomamos o himno máis en serio e non... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:46 - Commentaires [1] - Permalien [#]
Tags :

lundi 7 février 2011

O LOBO FEROZ VEXETARIANO

Acordei de Carapuchiña Vermella cando miraba nun documental a Andoni Luis Aduriz apañando herbas na contorna do seu restaurante, o Mugaritz, de Errenteria. O ‘estrelamichelín’ ten un aspecto escaso e flexible de profesor de ioga en conexión permanente co cosmos que parecía flotar cando avanzaba por unha corredoira coa cesta de vimbio na man. O donostiarra ía desenvurullando un discurso que revelaba un pensamento cadenciosamente artellado nun plano teórico que recolleu no seu libro ‘Clorofila’. Trasládao á louza en... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 20:31 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
dimanche 30 janvier 2011

ALIMENTARSE DO AIRE

A REVISTA Life despregaba onte na súa web un álbum de fotografías para amosar unha galería de aparellos inventados entre os anos 30 e 60 para axudar aos norteamericanos que empezaban a coñcer a atracción do innecesario a reparar en que a zoupada bursátil do 29 era un deses monstros que produce ás veces o soño da razón capitalista. Entre os ‘gadgets’ expostos había un lavavaixelas portátil de 1947 ‘avant la lettre’, aínda que esperable. Non faltaba un asador de polos a base de focos calóricos de 1963, como os que usamos agora. Máis... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:29 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
dimanche 23 janvier 2011

MAPA DO SHUSHI RICO

A miña relación co shushi é peculiar. Andei por moitos países e cumprín moitos anos antes de probalo. O bucle resultou unha cinta de Moebius porque deino en probar por vez primeira en Lugo, a cidade na que vivo, hai uns meses. Escribo que o probei shushi porque a apariencia era esa, pero non me atrevería a defendelo nunha cata. Os cociñeiros do restaurante no que parara decidiran que tiña que conservar tantas cualidades nas texturas e matices de sabor que o garadaban a unha temperatura tan baixa que a friaxe atoaba texturas,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:47 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
dimanche 16 janvier 2011

OS CÓBADOS PEGADIÑOS

UNHA das miñas teimas para educar aos meus fillos na mesa é aprenderlles a manexar os cubertos cos cóbados pegados ao tronco. Sempre que os sento para almorzar, xantar ou cear, vou correxíndolles o xesto, a xeito de instrutor de equitación dunha infanta neerlandesa. Os probes siguen as indicacións coa mesma disciplina que se fosen netos de Carmen Lomana.Non se trata unicamente de que saiban estar, nin de que lles vaia ser de utilidade neses overbookings que padecemos nos convites das macrovodas e nos hiperbautizos. Procuro,antaes ca... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:19 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :