dimanche 12 juin 2011

AMORODOS SALVAXES

A PREADOLESCENCIA deixa as súas marcas. Agroman rastros que indican que se achega o momento máis arduo na trazabilidade de ser pai. O máis obvio é a aparición de pósters nas paredes desa habitación que un se esforzou en pintar e empapelar a base de princesas rosas e moradas con cabelos de estensións loiras. Bota uns horas e horas consultando eses catálogos torpones e grandotes que che brindan nas tendas de decoración, para que a revista Disney impoña o seu criterio estético no máis recóndito da túa vida. O asunto é que, de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:09 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :

lundi 9 mai 2011

O ABRAZO DO OSO GOMINOLA

 OS MEUS FILLOS deben de ter unha tara ou algo. Non me explico doutro xeito a súa indiferenza a respecto dunha caixa ateigada de lambetadas que conservan nun armario da cociña coma se fose un deses libros de receitas que compraches cun entusiasmo fugaz. Nese totum revolutum conviven doces de todas as razas: Doritos, Chupa Chups, Papá Delta, Matutano... pero eles nin se achegan.A caixa está tan intacta coma unha reserva da natureza e eu bótolle a culpa a esa disciplina educativa medioambiental coa que se linda agora aos... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:06 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
dimanche 17 avril 2011

DÉASE A VOLTA (DE ROSSINI A CARÊME)

MOITAS VECES relaciono a música coa cociña. Cada vez que penso en alguén que se dea xeito cunha desas disciplinas, concordo comigo mesmo en que ten que ser talentoso na outra. Relaciónoas porque requiren sentido da proporción e do manexo dos elementos. Ou iso me digo para convencerme. No fondo, teño que recoñecer que tan torpe nunha como na outra. Esta reflexión veuseme o martes comendo en Narón uns canelóns á Rossini. O compositor era un cociñeiro entregado, tanto que interpretaba a realidade a través da gastronomía. «O apetito... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 17:50 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
dimanche 27 mars 2011

FRANCIA, DE PRIMEIRO PRATO A SOBREMESA

FRANÇOIS MITERRAND soubo ver vir os aconteceres en moitas oportunidades, pero houbo unha ocasión na que revelou ter unha ollada de futuro opaca. No 2005, reunido con Putin e Schröeder, o presidente francés quixo desprezar aos británicos e non se lle ocurriu mellor campo de comparación que a gastronomía. «Non se pode confiar nun pobo que ten unha cociña tan mala», sentenzou. Miterrand acollíase a varios séculos de dominio incontestado na mesa dende que La Varenne chantara os alicerces para a contribución da arte culinaria gala ao... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:34 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
dimanche 20 mars 2011

SOPA PARA COMER CON GARFO

A DIFERENZA entre bocadillo e sandwich é unha desas cuestións que me desconcerta. Case tanto como decidir en que botón da vitrocerámica debo premer para acender un lume concreto. Sempre acabo por poñer colorado un ben diferente a ese sobre o que coloquei a tixola. Hai uns días volvín pensar no asunto a raíz dunha pregunta do meu fillo. Solventeina botando man da gastada definición de bocadillo se nos referimos a pan cortado en rebandas cunha carne, embutido ou queixo no medio, e á de sandwich, no caso de usarmos pan de molde.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:02 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
lundi 14 mars 2011

O CHOCOLATE DE GOYA

RUIZ MATEOS nunca me ofreceu o seu brandy. Non podo presumir diso, nin tampouco de que me rogase que non o deixase caer, como pode facer Botín. Aínda así, si de que teño probado os seus bombóns Trapa, que adoitaban enviarnos por mensaxería por unha cuestión de cortesía, que se queren coñecer, deberán elucubrar. Como o empresario andaluz non vai ler isto, revelarei que eu son máis da Caixa Vermella de Nestlé. Non esperen que lles argumente con apreciación visual, texturas, sabores u olores propios dunha cata de bombóns porque a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 20:05 - Commentaires [4] - Permalien [#]
Tags :
dimanche 6 mars 2011

PERDIDO NAS MARISMAS

DE JOHN GALLIANO afirmaría que padece esa tolemia estúpida dos borrachos que os empuxa a berrar o que pensan e o que non. Non me explico a súa reincidencia en loubar a Hitler e a súa piromanía cos xudeus cando o propio deseñador reuniría bastantes requisitos para acabar en Buchenwald de ter nacido tres décadas antes. Galliano é un bocapodre, pero non se lle pode negar o talento para vestir mulleres, o sentido infindo do espectáculo nin o gusto para a diversión. Supoño que o deseñador é un habitual de Les Marais porque os dous vídeo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 17:34 - Commentaires [1] - Permalien [#]
Tags :
dimanche 27 février 2011

UN PICNIC EN PLENA CIDADE

Galicia é un país moi de picnics, aínda que aquí lles digamos ‘romarías’. O galego tira ao monte e a comer en tropel, aínda que teña que sentar nunha bancada de piñeiro e teña o plástico como referente na vaixela. O malo é aturar medio ano de choiva para gozar medio ano do verde dos montes. Mahoma, un señor práctico, asumiu que se a montaña non vai onda el, deberá ser el quen acuda á montaña. Inspirado nese aserto, o cociñeiro xaponés Yoshihiro Nariwasa reproduce un bosque no seu restaurante. Narisawa foi o máis suxerente do recente... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:11 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
dimanche 20 février 2011

COMO FÓRA DA CASA EN NINGURES

ALGUNHAS DAS gallufadas máis intragables ás que sometín o meu corpo inocente e sumiso viñan avaladas pola garantía ‘comida caseira’. A fame empuxa a abismos nos que nunca temeu un que caería. Baixo o anuncio-trampa, que diría Mayor Oreja, de que cociñan coas receitas e o agarimo da túa nai colócanche pratos de elaboración sinxela, de tortuoso paso por boca e un retrogusto que non borra nin a augardente de Portomarín. A cociña caseira lévame a desconfiar porque teño xantado toda sorte de viandas recén desconxeladas nestes xantares... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:12 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :