dimanche 9 janvier 2011
PICNIC NO BOSQUE QUEIMADO
OS COCIÑEIROS españois empezaron ben o ano. Grazas a esa estupenda lei seca do tabaco poden traballar sen a obriga de ter en consideración as papilas gustativas alcatranadas. Poden preparar os pratos para seren degustados sen a maridaxe amarga do fume. Eu xa levara unha alegría con aquel apartheid que rematou coa tortura que padecíamos os que non somos fumadores e que xantábamos nos restaurantes coa sensación de estar asistinto a un picnic nun bosque queimado aínda fumegante.Os establecimentos hosteleiros vascos adiantáronse no remate... [Lire la suite]
dimanche 12 décembre 2010
A NEVEIRA QUEDOU SEN LUZ
ANTHONY BOURDAIN, agora estrela mediática da cociña, deu o salto da comida á gastronomía e do desprazamento ao turismo de vez. Aconteceulle aos nove anos, cruzando o Atlántico no Queen Elizabeth, en 1966. A vella bañeira británica renxía ata amedrentalo. A explicación da tripulación era que o casco do trasatlántico era un hábitat ideal para milleiros de percebes. Aínda con temor, Bourdain agradecía aqueles cruxidos intranquilizadores porque rachaban coa soporífera rutina da travesía. A cociña axudouno asemade. A súa experiencia en... [Lire la suite]
dimanche 28 novembre 2010
UNS PRATOS RECOÑECIBLES
O director Jean Yves Puiton levou á pantalla unha metáfora da súa propia superación. Quería ser guionista de Hollywood, pero era incapaz de expresarse en inglés. Estudou a lingua, escribiu un guión e consegiu que un produtor llo financiase. 'Cuisine americaine' fala de si mesmo a través dun cociñeiro do exército norteamericano que ten a cocción de pizzas nun negocio familiar por toda aprendizaxe culinaria, pero que soña con dirixir un restaurante de varias estrelas en Francia. Do idioma dese país sabe pronunciar malamente... [Lire la suite]
dimanche 14 novembre 2010
HAI PERCEBES EN MARTE?
NO TEMPO DAS mareas vivas, o meu pai levábanos a coller percebes na contorna de Rinlo. Eran os anos 70 e daquela aínda non se regulara a actividade depredadora de madrileños e indíxenas. Sempre nos advertía de que as ondas eran bravas segundo asomaba o outono e aquela actividade resultaba razoablemente perigosa. A seguir, desaparecía na volta dunhas rochas, de xeito que unicamente acertabamos a albiscar ocasionalmente a súa cabeza ou parte do seu lombo entre o negror dos penedos e a brancura da escuma estoupando violentamente no... [Lire la suite]
mardi 9 novembre 2010
FOLLAS DE TE FLOTANDO NO RÍO
CANDO EMPECEI a sentir falar do Tea Party de Sarah Palin, un ano atrás, imaxinaba á súa lideresa adecentada a xeito de Audrey Hepburn en ‘My fair lady’, con eses vestidos de saia longa ata a biqueira do zapato e de pescozo abotoado, combinados con sombreiros hiperbólicos. Esas roupas conferían ás usuarias un aire de centauros, metade mulleres metade saias.
Supoño que o meu imaxinario relacionaba esa película sobre señores e donas que botaban o día lacazaneando no hipódromo con algo que lera en algures sobre a orixe do Partido... [Lire la suite]
dimanche 31 octobre 2010
UNHA PELOTA PINCHADA
Confeso que o acto máis aproximado á gastronomía que cometín cunha cabaza foi comprar unha desas que son tan grandotas e laranxas semellan pelotas de baloncesto pinchadas e que venden no Gadis nesta altura do ano. Eu adoito usalas para rememorar cos meus fillos a tradición galega de Defuntos. As cabazas de agora veñen xa cuns triángulos regulares de cinta aillante negra na altura dos ollos e con outro triángulo irregular no que vai corresponder coa boca. Abonda con facer unha trepanación na parte superior, baleirala de pulpa e... [Lire la suite]
mardi 26 octobre 2010
UN REGALO DE ANIVERSARIO
Este verán volvín gozar dun deses estupendos bonitos que fabrican en Burela. Uso o termo fabril porque teñen un aspecto tan atractivo, un brillo suave tan especial na pel que non me atrevo a xurar que non os sometan ao Photoshop. A peixeira de garda que mo vendeu debía de opinar o mesmo ca min sobre a perfección do túnido porque ao cortarmo fixo un desguace como o que padeceu a frota mariñá. Pese ao coitelo malintencionado da vendedora, a carne mantiña a súa soberbia gama de rosas e morados, polo que logo decidín que o seu derradeiro... [Lire la suite]
lundi 27 septembre 2010
AUGA QUE HAS BEBER
O ALCALDE DE LUGO, José López Orozco, anunciou que a auga da traída pode beberse segundo sae da billa. Ese anunciou produciuse hai días aínda que semella doutro tempo ou mesmo dunha dimensión paralela ás tres que coñecemos. Sen tempo non era que os habitantes dunha cidade acaroada por un río poidan tirar rendimento aos impostos por este concepto e excusen de carrexar augas embotelladas ou de usar os filtros domésticos. Ata onte mesmo descoñecía a que sabe a auga de Lugo porque nunca a consumín directamente, amolado, quizais, pola... [Lire la suite]
mardi 21 septembre 2010
PATACAS CON VIDA INTERIOR
A MIÑA AVOA MATERNA, Aurora, era anglófila empedernida. Vivía coa mirada erguida cara á ponte de Londres, a actitude lóxica en todo bilbaíno, aínda que ela nacera en San Sebastián. Todo o que conservaba da francofilia donostiarra eran a tortilla orfa de pataca e mais a crema vichyssoise. Para os seus netos, esta última non deixaba de ser un puré con nome cursi, pero puré ao cabo, polo que facíasenos un líquido noxento que nos custaba sangue, suor e horas tragar. Nos últimos anos, aprendín o deliciosa e suave que pode resultar esa... [Lire la suite]
lundi 13 septembre 2010
COMER (BASTANTE REGULAR) DE CINE
JORGE COIRA EXPLICOUME a orixe da súa película ‘18 comidas’ razoando que «a maioría das decisións importantes tomámolas mentres comemos». A cinta de Coira é unha excepción a ese xeito tan insípido que teñen as cámaras de amosarnos os pratos. Como as rodaxes se prolongan e teñen que repetir as escenas as veces que mande o director, adoitamos mirar os intérpretes bebendo en tazas das que sorben aire ou sobreactuando para disimular o noxo de inserir frío o pavo de Acción de Grazas.
Hai excepcións. Sobre todo, no cinema de mafiosos... [Lire la suite]