dimanche 5 septembre 2010

O PAN INCORRUPTO

Hai uns días ameceivos con artigos sobre o fantástico e tranquilizador acto de comer. A serie chámase 'Vía Oral' e comezou onte en El Progreso desta guisa: A MIÑA TÍA FELI coñecía un segredo para manter o pan fresco durante meses. O frustrante é que era medio revoltalla e sempre se negou a revelalo. Ao cabo, enterrárona no cemiterio de San Amaro, na Coruña, e a súa fórmula quedou encriptada coma a da Coca Cola. Na Noiteboa abría un caixón dunha cómoda que lle daba servizo no comedor e quitaba un vulto envolto nun pano. Mentres... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 14:13 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :