jeudi 14 mai 2015

CASANDRA

  O problema dos nosos tempos é que "o futuro non é o que era», advertía Paul Valéry hai un século. Antes, o futuro era un espazo xuvenil e fresco, cheo de promesas que nos facíamos sen a sensación de mentirnos nin de rezar para que un deus menor nos librase dunha tormenta. Apollinaire recomendaba esquecer o futuro porque a verdadeira vida está ausente en cada segundo que perdemos en tratar programar a ruta no GPS. Pero non podemos deixar de pensar nesas horas e neses meses e nesas noites que se nos botan enriba sen darnos... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,

mercredi 13 mai 2015

TREN AMPUTADO

    Durante un treito da infancia temín que me atropelase un tren. Sería un convoi enlouquecido e ruidoso que me quebraría a caluga sen darme tempo a reaccionar. Ese medo correspondíase co «particularísimo mundo onírico» que o filósofo Walter Benjamin asociaba aos «carrís ferroviarios». O meu pesadelo era imposible. Había décadas que máquina ningunha transitaba polo camiño de ferro que eu trazaba entre a casa e o colexio. Había décadas que O Trapeiro revendera o metal das vías e que os veciños da Lodeira botaran man das... [Lire la suite]
dimanche 19 avril 2015

UNHA TORMENTA DE MERDA

O ECONOMISTA J. M. Keynes casou no verán de 1925 con Lidia Lopokova. Tras a lúa de mel, Wittgenstein visitou ao matrimonio na súa casa de campo. Lidia temía a sona de túzaro do amigo filósofo do seu home, pero non puido evitar que o despistado Keynes os deixase a soas un momento no xardín. Lidia estaba nerviosa, fregaba as mans, porque non sabía de que falar. Soamente se sentía o remoto cantar dos paxaros ao sol luminoso e a respiración enérxica de Wittgenstein. O pensador ignoraba a Lidia concentrado nalgún problema da... [Lire la suite]
jeudi 9 avril 2015

DESCALZO

Jorge Luis Borges lamentaba a dignidade anglófila que oprimía o seu comportamento. «Si pudiera volver a vivir comenzaría a andar descalzo a principios de la primavera», confesou por escrito. Todos deberíamos cumplirlle o desexo: lanzar os zapatos para que quedasen colgados do ceo solleiro. As botas penduradas de cables coma morcegos inventáronas os soldados norteamericanos que invadiran a Europa nazi. Dedicaban as forzas residuais en desfacerse do calzado militar con aire de celebración, satisfeitos de quedar exentos de formar no... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:12 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : , ,
lundi 6 avril 2015

ARIZONA

Estaba imaxinando a conversa que manterían o home e o cativo. Algo banal, temín. Pero polo movemento das carapuchas interpretei que o señor comentaba algo sobre o deserto de Arizona como espazo de renovación espiritual. Bob Dylan recibiu en 1978 as peores críticas de toda a súa carreira. Nun concerto dese ano no que estaba tocando con 40 grados de febre, alguén lle lanzou un cruficixo de prata ao escenario. Colleuno con escepticismo e gardouno no peto. Esa noite paseaba o insomnio por unha habitación dun hotel de Tucson, Arizona,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:31 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,
jeudi 2 avril 2015

ATREVEMENTO

A primavera é un tempo de exaltación e de valentía, aínda que comezou por baixo das expectativas. En Lugo comeza no campus universitario para ir subindo cara ao resto da cidade. Pero este marzo aínda non se deu desvestido da muda invernal. Permanece en estado larvario. O escritor Joseph Roth novelou o regreso de Napoleón a París nunha primavera de hai 200 anos, o 20 marzo de 1815. «A primavera non asomaba por ningures, o vento sopraba con forza e a xente tiña frío», conta Roth. O conquistador volvía dende a Illa de Elba ferido polas... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 14:04 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,

lundi 16 mars 2015

BLA BLA BLA

OS GREGOS DA antiguedade chamaban bárbaros os que non falaban o seu idioma. As linguas alleas soábanlles coma moreas de sons sen orde. Bar, bar, bar; escoitaban a aqueles seres toscos. Bla, bla, bla; diríamos agora. Da onomatopea bar saíu bárbaro. Ningunha lingua é barbarie. Os idiomas artellan as ideas. Dende hai milenios, a barbarie tamén é comunicada con linguas. Cada época ten os seus bárbaros. Os nosos salvaxes descobriron que a palabra vale mil veces menos do que vale a imaxe.  O Estado Islámico ten un xeito actualísimo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,
lundi 23 février 2015

OS LUNS AO SOL

DURANTE ANOS vivín nun edificio no que había dous xemelgos. A maiores de ser cuspidiños, compartían piso e dous Mercedes deportivos  grises idénticos. Mesmo usaban a mesma praza de garaxe grazas a ese desafío tan lucense á física que consiste en meter dous automóbiles onde soamente entra un. Cando me cadraba con algún deles no garaxe xogaba a identificalos. Sería doado establecer que un xemelgo usaría sempre o coche da metade esquerda da praza e o outro, o coche da dereita; pero collían un ou outro de xeito aleatorio polo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 19:10 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
samedi 14 février 2015

ETERNIDADE COCIÑADA ALLA CARBONARA

  ATERREI NO aeroporto de Ciampino o pasado día 6 no medio dun acontecemento. Foi prender Twitter na terminal e ler no xornal Il Mesaggero que Adriano Celentano cumpría 77 anos. Nun país tan inclinado ao teatral coma Italia, o aniversario dunha do seus mitos da cultura popular é un acontecemento. Federico Fellini, que tiña un olfacto de sumilleur para o espectáculo, descubriu a Celentano para lle que cantase un rock a Anita Ekberg cun estrafalario conxunto de mambo en La dolce vita. Italia exhibe o mal gusto para remarcar a... [Lire la suite]
jeudi 22 janvier 2015

ACONTECIMENTO

OS RAPACES da Costa non entedíamos a ilusión de coñecer o mar, pero éramos capares de suspender a liga de fútbol dos barrios se adiviñabamos a promesa dunha folerpa detrás dun baixón de temperaturas. A miña nai decidía nos días fríos que toda precipitación era «auga neve». Podía botar toda a mañá repetindo «auga neve» en diferentes situacións. O meu pai, atento á ilusión que prendía en nós cada vez que uns centímetros cadrados de cor branca se conservaban no xardín, quitaba o 124 marrón do garaxe para subirnos ata Os Oscos. Quería... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 20:48 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,