dimanche 18 janvier 2015
FLORES DEMOCRISTIÁS NOS NOSOS PANTEÓNS

vendredi 18 février 2011
TELEVISIÓN DE CAMPANARIO
CANDO NACEU a miña filla, hai nove anos, deseñei para ela un futuro brillante: opositaría a celadora do Sergas. O pasado domingo lin a Olarte calculando a ollo o sólido peso das padiolas que deben empuxar polos corredores do novo hospital de Lugo e cambiei de perspectiva. Aceptei logo que debería ir onde a corazón a leve, o dicir cursi da Tammaro. A pequena gusta do teatro, polo que metina nun cásting para unha película na Fonsagrada. A rapaza, afeita a famas ¡a bailar!, sorprendeuse da sobriedade do escenario -sen focos e solos... [Lire la suite]
lundi 6 décembre 2010
LIBERAR LIBROS COMA VISÓNS
UN BLOGUEIRO, Florian Gallaire, decidiu rebentar a última novela de Houellebecq, O mapa e o territorio na súa versión electrónica. Florian aplicou unha xustiza poética de verso solto, de soneto con sílabas mal contadas. Liberou unha obra allea coa irreponsabilidade coa que os ecoborrokas ceiban visóns. O blogueiro esvarou polo bucle vingativo de que o escritor botou man duns parágrafos da wikipedia sen citar orixe. Eu agora teño medo porque ás veces uso frases de amigos para os artigos e non inclúo un apartado de créditos, polo que... [Lire la suite]
dimanche 28 novembre 2010
TODO O QUE IGNORAMOS
Christopher Wolff, un estudoso intenso de Bach, rendeuse un día e confesou que prefería escribir sobre o que sospeitaba do compositor ca sobre o que contrastara. Vai acontecernos o mesmo con Del Riego, malia ser contemporáneo e vivir no noso país. Sabemos de Galaxia, a Real Academia, a Fundación Penzol,... pero sospeito que nunca accederemos ao oceánico volume da obra que non escribiu. Viuse atrapado no Vigo da posguerra, descubriuse renunciando a Del Riego para despistar ás maras falanxistas sobre o seu mitineo a prol do galeguismo... [Lire la suite]
vendredi 19 novembre 2010
OFERTÓN
JENNA JAMESON era unha diva desas películas que nunca levarán un Oscar ao mellor vestiario. Jenna vén de retirarse da industria. Estou certo de que Beatriz Trapote, que está agora no bazar de ídolos televisivos de poliuretano, terá cativos algún día. Mesmo pode que con Víctor Janeiro, o novio. Nuns anos eses sobriños de Jesulín descubrirán que mamá Trapote non escribiu O Kamasutra, malia que está presentando un libro con ese nome. O bo das obras anónimas é que son coma unha bicicleta abandonada: o primeiro que a colle pode marchar con... [Lire la suite]
vendredi 29 octobre 2010
RAEVERTE
O MEU TÍO Santiago foi carlista dende mozo ata que o soterraron. Estou certo de que segue cubríndose coa txapela vermella en cada amencer. A súa fe na causa perdeu tensión cando o Partido Carlista ingresou en Izquierda Unida.«E para isto andei a tiros cos comunistas no Ebro?», interpeloume un día para cuestionarse a si mesmo. Aínda aconteceu algo peor, algo que o empuxou ata o borde da apostasía: o divorcio do pretendente Carlos Hugo. O meu proceso coa Real Academia Española da Lingua foi paralelo ao do meu tío. Fraqueoume a fe na súa... [Lire la suite]
vendredi 17 septembre 2010
MARTA LUÍSA E UNS AMIGOS
ESTOU POR facerme amigo no Facebook de Marta Luísa de Noruega. Esta nobre, que anda de cuarta nunha desas ordes sucesorias que lembran á lista a ATP dos mellores tenistas, respaldou hai catro anos un centro educativo que prometía contactos con anxos. A princesa nórdica insiste agora en que pode falar cos mortos. Eu penso, seguindo a autoridade de Jaime Peñafiel, que as monarquías precisan dun tuneado, aínda que a vía Lady Gaga non semella a axeitada. A cantante comparte corpo co espírito da súa tía Joanne; o cal, tendo en conta as... [Lire la suite]
dimanche 12 septembre 2010
AS MOSCAS E A DEREITA RURAL
O PLAXIO que cometeu Houllebecq para escribir a novela O mapa e territorio (Flammarion) deixoume pampo. Segundo a páxina Slate.fr copiou da Wikipedia as características dunha mosca común, unha descrición da cidade de Beauvais e a vida de Fréderic Nihous (1967), un político desa dereita ruralista que tira do discurso parademocrático dos «tecnócratas de París». Desconcertoume que un escritor rapiñe textos da Wikipedia porque están defectuosamente redactados, son opinativos e poucos fiables nos datos. Cónstame que Houllebecq (lin A... [Lire la suite]
dimanche 5 septembre 2010
UNHA SOMBRA GRIS NA PAREDE
LUCIEN E DAVID gozaban dunha noite de agosto de 1944 nun parque de Nova York no que se reunían parellas gays. Ambos os dous estaban preas, faltóns e demasiado excitados. Lucien, de 19 anos, pelexou con David, de 33, e acabou cravándolle unha navalla de boy scout no peito. No xuízo pintaría o incidente coma adulto homosexual acosando a raparigo hetero. O extraordinario, a maiores de que David era o pigmalión intelectual e sexual de asasino dende adolecescente, é que Lucien coincidiu na Universidade de Columbia con tres protoescritores... [Lire la suite]
jeudi 2 septembre 2010
MENDIGOS AGRESIVOS
OS MENDIGOS son grandes biógrafos: resumen as súas vidas completas nun cartel. Informan con tres frases sobre o lugar de procedencia, filiación, estado civil e cadro sanitario. Sospeitamos que minten, que esas memorias son tan fición coma o relato Príncipe e mendigo, de Mark Twain, onde dous rapaces cuspidiños intercambian papeis. Sabemos que as persoas que piden sumaron reveses e non restaron alegrías. A Sarkozy non lle gustan, tenos en baixa consideración moral. Comezou extraditando pobres por causas étnicas e de nacionalidade... [Lire la suite]