dimanche 11 avril 2010

AS NOVELAS VAN AO CINEMA

O ÚNICO convencido de que a novela é mellor ca pelicula é o autor da primeira. Os 5.999 millóns de persoas restantes prefire ver unha versión de noventa minutos a ler durante tres horas para gozar coa mesma historia. Mesmo hai unha excepción: Graham Greene loubou a versión que Orson Welles lle fixo de O terceiro home ata a esaxeración de dicir que o libro orixinal «non era outra cousa ca unha película». Pero o normal nos escritores aos que lles levan libros á pantalla é cobrar e logo xurar. Mesmo algúns xa o fan antes. Stephen King... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 21:57 - Commentaires [10] - Permalien [#]
Tags :

vendredi 9 avril 2010

GÚRTEL E AS MATEMÁTICAS

DO ERA NENO ía para xenio matemático. Unha profesora, a monxa sor Cleofé, definiume o concepto de conxunto e deino entendido. Pero ás relacións biunívocas entre conxuntos representaron a proba iniciática. E suspendina. A partir de aí, a miña relación coas matemáticas deteriorouse. Sor Cleofé empezou a petar cos nocellos na miña cabeciña compacta chamando na porta do coñecemento. Desesperaba porque ninguén lle abría. Agora reparo en que a monxa preparábame para percibir a magnitude das relacións entre os conxuntos de tramas que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:52 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
lundi 29 mars 2010

O PECHALIBRARÍAS

OS MEUS amigos libreiros andan perplexos co libro electrónico. A maioría mira ese dispositivo na lonxanía temporal, outros confían en que o libro ben editado o libro enriquecido e vitaminado vailles termar do negocio. Outros, os pesimistas, temen a liquidación por peche. Antes non eran os libros os que pechaban librarías. Ás veces era un señor enfadado. Un oficial alemán mandou precintar a Shakespeare and Company de París en 1941. A súa propietaria, Sylvia Beach, negouse a venderlle un exemplar de ‘Finnegans wake’, de James Joyce. A... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 08:24 - Commentaires [3] - Permalien [#]
Tags :
vendredi 26 mars 2010

INDEFENSOS

EN ITALIA puxeron unha canle televisiva onde había un país. Berlusconi transformouna nunha oferta máis da grella coa programación da democracia estética de ‘Los Soprano’ e as feromonas de ‘I love Escassi’, onde o propio presidente revive a Don Giovanni. Antes diso, Italia foi a sede oficial do Imperio Romano. O historiador Ruiz-Domènec sitúa o comezo de Europa naquela mañá de invernía do 406 na que os bárbaros botaron un carro no xelo do Rihn e non afundiu. Non pararon de invadir imperio ata chegar ao Coliseo. Aquel cosmos trazado... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:12 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
dimanche 21 mars 2010

A EQUITACIÓN PROTESTANTE

ESTES DÍAS ando amigándome con Auster. Eu nunca o quixen mal a Paul, pero ultimamente dérame dous desgustos con aparciencia de novelas. Auster volve ao realismo e eu volvo a Auster con ‘Invisible’ (Galaxia) a pesar de que o manido Vietnam anda tras desta historia. Temía un libro ideoloxizado. Coa literatura comprometida pásame como coa poesía: acabo vendo impostura onde outros ven convición ou sentimento. En ‘Invisible’ hai un personaxe francés, Rudolf Born, que renegou de toda fe humana tras botar «dous anos combatendo terroristas... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:41 - Commentaires [8] - Permalien [#]
Tags :