vendredi 3 janvier 2014

OITENTA HORAS

    A materia que compón a nosa vida son os partos, as vodas, os enterros e as compras no supermercado que cumprimos entre dúas noites de Fin de Ano. A primeira noite é esa na que os pais nos prohiben saír e a segunda, esa na que ninguén nos quita da casa nin para mercar tabaco. Eu estou na metade da vida, no momento das 00.15 horas en que abres un ollo no sofá para ir tomar algo aí fóra, na xeada. Miras os tons escuros dos edificios e as luces das casas prendidas coma beléns acolledores. Logo tomas a decisión de pechar o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 21:33 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,

vendredi 2 septembre 2011

TODO O QUE LLE ARDEU AO SEÑOR JOSÉ

O ALCALDE de Guadalix de la Sierra vén de prohibir as acampadas no municipio. Acampada non é o mesmo que ‘acamada’. Supoño que o rexedor seguirá consentindo as ‘acamadas’ televisadas que manteñen unha ducia de nugalláns hibernando entre edredóns nunha casa con estética de estación no Mar da Tranquilidade. ‘Gran Hermano’ permítenos facernos unha idea de como será a colonización da Lúa. Ano tras ano imos asistindo, cada vez máis impermeables, ao ascenso e derrube duns mozotes que teñen como referente máis lonxano no horizonte montar un... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:55 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
mercredi 31 août 2011

QUEN LLE COMPRA OS BOLSOS Á MULLER DE EDWARD SAID?

EDWARD SAID elixe e compra os bolsos da súa muller. Eu informeime da confianza que a súa señora, Marian, entrega ao gusto do ensaísta palestino nas memorias do periodista Christopher Hitchens , ‘Hitch-22’ (Debate). O xornalista refire este episodio como excusa para prender unha reflexión sobre a «masculinidade evidente» do seu amigo e manifestar a súa sorpresa porque este lle confesase que nunca tivera certo se a súa sexualidade era unidireccional ou bidireccional. A orientación de Said debería ser un debate interno, pero Hitchens... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:15 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
vendredi 29 avril 2011

PRINCESA

UNHA DAS necesidades máis bonitas e secretas do cerebro é a sede de contos. Vivimos en función deles. Unha amiga botou anos agardando a que alguén acertase cunha palabra clave para casar con el. O 29 de xullo de 1981 a miña avoa Aurora sentou fronte ao televisor logo de erguerse para vivir unha prolongada éxtase anglófila de catro horas coa voda de Carlos e Diana. Dous amigos, un do Madrid e outro do Barça, subiron os seus corazóns a unha montaña rusa de entusiasmo e decepción neste longo ‘Cantar de los cantares’ no que se os seus... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:34 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
vendredi 22 avril 2011

O RELOXO DE CUKOR

ORSON WELLES explícallo de xeito sólido e terminal a Joseph Cotten en O terceiro home: «En Italia, trinta anos de dominación dos Borgia houbo terror, matanzas e guerras, pero xurdiron Miguel Anxo, Leonardo e o Renacemento; en Suíza tiveron 500 anos de amor, democracia e paz. E cal foi o resultado? O reloxo de cuco». O noso audiovisual está no peor momento, non hai un can para se financiar, moreas de descargadores pensan que o cinema é un supermercado no medio dunha revolta, pero estamos producindo máis e mellores películas que nunca.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:59 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
jeudi 14 avril 2011

INTRIGAS

KATE MIDDLETON encargou tres vestidos para a súa voda con Guillerme. A noiva amosa un sentido narrativo que lle vai render no futuro cometido. Semella esta aprendendo ao pé da letra o guión que vai desenvolver o resto da vida porque encarnar un papel no elenco da monarquía británica ten unha amplia dimensión dramática. Middleton comportouse como a produtora de Sin tetas no hay paraíso, que rodaron dous finais: no primeiro, O Duque morría dun balazo en brazos de Cata e no segundo, fuxía con ela. O cerebro humano está programado... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:47 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :

jeudi 31 mars 2011

CALIGRAFÍA

O NENO escribía recto con renglóns tortos. As profesoras teimaban en explicarme, labazada a labazada, que a man esquerda que usaba institivamente era unha extremidade coa que me instrumentalizaba o Demo. Aprendín, logo, a redactar coa dereita. Agora ando preguntándome polos aires que se dá a letra de Thierry neses papeis nos que anotaba a súas xuntanzas cos representantes do Goberno central. Teño unha tendencia a interpretar que as boas persoas trazan letras bonitas, polo que penso un asesino coma el debe de facer unhas ‘e’, unhas ‘t’... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:20 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
vendredi 11 mars 2011

ANDAR DE COSTAS REXUVENECE

ESTOU CERTO de que camiñar cara atrás rexuvenece. Por iso, se non levo présa, camiño para atrás pola rúa. Ao primeiro, a xente que se cruza comigo mírame coma se fose un tolo, pero logo se fan á idea de que actúo de figurante para alumnos da Escola de Imaxe e Son que están gravando unha curtametraxe. Nada que ver con iso. Ando de costas para avanzar vagarosamente contra o tempo, para retrasar o reloxo do móbil ou, cando menos para que os díxitos non cambien. A pasada fin de semana, a falta de entretemento mellor —porque non me... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:07 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
vendredi 28 janvier 2011

PAXAROS (a cuestión De la Iglesia)

O SEÑOR QUE vin onte no parque de Lugo sorprendeume. O seu traxe negro non disimulaba o corpachón. Estaba de pé, de costas a min, rodeado dunha gavela de corvos aos que ía botando grans de millo. Por detrás pareceume coñecido, polo que rodeeino. Si, era el. Alfred Hitchcock contoume que estaba de visita na cidade. Sen deixarme preguntarlle por algún filme seu, lanzouse a preguntarme polo da Lei Sinde e manifestoume a súa preocupación polo futuro das grandes producións, como as que realizaba el. Eu, que apenas daba falado pola... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:14 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
lundi 24 janvier 2011

O CAN NON FAI NADA

O ÚNICO CADELO que sento como próximo é o dos Baskerville, o xenial xogo de verdade e mentira de Arthur Conan Doyle que publicou Galaxia neste país. O resto desa especie teima en amolarme. Non para de uliscarme como se fose unha maleta cargada de cocaína no aeroporto de Fráncfort, non deixa de ladrarme como se fose un asaltante noturno e inesperado, non cesa de cagar nos lugares de paso e de erguer a pata nas paredes prohibidas para que o cheiro a xofre me irrite os pulmóns. Ben sei que os cans non fan nada. Sempre mo advirten os... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:08 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags :