vendredi 12 novembre 2010

PANDEMONIO

EU CAREZO dunha teoría do caos. Ignoro por que a neveira abandonou a función de enfriar na mesma mañá na que a lavadora entendeu que non podía seguir dando voltas sobre si. Como me falta un argumento para comprendelo e desconfío das conxuncións de astros, ando perplexo. Ás veces envexo á dereita mediática máis extrema -que Arzalluz definiu como Brunete Mediática- porque ten un pensamento estruturado grazas á convición de que Zapatero é a orixe e fin de todo mal. No seu imaxinario, o presidente socialista terma da tapa da Caixa de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 06:18 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :

samedi 11 septembre 2010

O CRAVO DE IBON

O deber de todo neno é conquistar o mundo. Eu, que son da quinta que viu o Mundial 78 —canta Calamaro—, intenteino inutilmente. O noso proxecto para dominar o planeta comezaba nun espazo de terra no que trazabamos un gran círculo cun croquis dos continentes. Tratábase de ir chantando un cravo duns dez centímetros nos países do rival para apoderarse deles. Napoleón aplicouse mellor ca min logo de chegar á Academia Militar de Autun. A aquel adolecescente corso e rabudo cedéronlle un par de metros cadrados de terra para que os cultivase.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:42 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
dimanche 15 août 2010

UN CADÁVER DA UPG, AGORA

A CORUÑA ten dous corazóns, como lle acontece a Lady Gaga dende que o espírito dunha tía falecida lle aniñou no peito. Os coruñeses son quen de chantar un bandeirolo na praia a xeito do desembarco en Iwo Jima e asemade de poder presumir da mellor feira do libro galego. Este ano sumou unha nova entrada ao seu catálogo de contradicións locais: 200.000 visitantes e un 10 % menos de vendas nese certame. O motivo imos calalo, coma o de que Rosalía era filla de quen era. As expectativas non son boas para a nosa edición nos vindeiros meses,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:36 - Commentaires [3] - Permalien [#]
Tags :
vendredi 13 août 2010

AMEIXEIRAS: "CONFÍO NO SENTIDO DO HUMOR DOS DIRIXENTES NACIONALISTAS"

A perda da presenza en San Caetano tras as eleccións do 2009 supuxo unha convulsión no Bloque Nacionalista Galego. O sangue non chegou ao río, pero Diego Ameixeiras decidiu levalo pola súa conta para escribir Asasinato no Consello Nacional, a novela coa que Xerais agarda en setembro unha recepción proporcional ao ascenso do que goza o autor ourensán.A acción comeza nun tras unha xuntanza da cúpula frontista na que a executiva presentou a súa dimisión. Ao remate da reunión, o candidato da UPG a voceiro do Bloque vai subir no coche e... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:06 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
vendredi 18 juin 2010

ESPECIALISTAS

O MEU TÍO Juan era o maior especialista en alzheimer que vivía en Galicia. Como padecía a doenza, andaba en romaría, de especialista en especialista, para consultarse. Estaba subscrito a varias revistas médicas norteamericanas que lle chegaban á Coruña. Estoulles falando duns anos nos que internet era aínda un enxendro rudimentario co que o Pentágono presumía diante da KGB. O meu tío estaba ao día de canto avance se lograba para combater a súa enfermidade, polo que supoño que visitaba os galenos do país para cambiar impresións ou... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 19:07 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
mercredi 16 juin 2010

MÚSICOS AO FONDO DA SELVA

O cineasta Werner Herzog contou nunha película a historia de Fitzcarrald, o heroe melómano que teimou por construír un escenario para interpretar ópera no medio da selva amazónica. O director explicara que o seu protagonista amaba con tal magnitude a ópera que todo lugar para representala parecíalle pouco agás aquela inmensa fraga. Safari Orquestra teima tamén en trasladar a música galega ata as últimas lindeiras da vangarda e para iso se adentrou nunha xungla de «soul, disco, pop, electrónica, jazz, house, funk...», enumera o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 18:45 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :

jeudi 27 mai 2010

A LIÑA DA FELICIDADE

O PINTOR JOAN Miró dixo que «unha simple liña pode levar á felicidade». A felicidade para min é saír á rúa en bata e pixama de seda para mercar o xornal, peituga de pavo e mazás ao xeito de Truman Capote en Palamós. A felicidade era para o bebé de Briatore que un iate o arrolase coma un berce mentres a nai, Elisabetta, lle cantaruxaba a ‘Nana de la cebolla’ de Miguel Hernández —«no sepas lo que pasa ni lo que ocurre»—. Pero a felicidade é a cousa máis fráxil do mundo e veu a Facenda italiana confiscar o barco de Briatore. Elisabetta... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:14 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
mardi 25 mai 2010

JULIÁN MUÑOZ EN 'RICARDO III'

Ás VECES boto en falta o amor que ardía nos vellos folletíns. Agora eses romances, eses celos e esas traizóns incendian os platós televisivos. Estou seguindo con devoción, entrega a entrega, Isabel Pantoja: la traición, un drama con tres personaxes principiais: Julián Muñoz fai de galán maduro; as actrices Maite Zaldívar e a propia Pantoja, de esposa e amante. Son tempo catódicos e xa non volverá aquel récord de Dickens vendendo 200.000 exemplares de Conto de Nadal cun 25% de ingleses alfabetizados.Quen escribe agora os folletíns son... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:08 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
lundi 24 mai 2010

MARTE 500

A PATRIA DO home é o lugar no que aprende a nadar. Cando eu era neno aprendíamos no mar. Agardábamos a que sete ondas altas se deitasen sobre a area para dar unhas brazadas torpes que nos confirmasen avances no croll. Agora os nenos empezan a chapuzar nunha piscina. Nós aprendiamos a vida no escenario no que se ía desenvolver, non en incubadoras acuáticas. Todos tendemos ao simulacro, ao risco controlado. Carlos Negro escribe no libro ‘Abecelbú’ que «o perigo é o irmán da aventura». Nós preferimos o ‘Gran Irmán’, a realidade... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:45 - Commentaires [3] - Permalien [#]
Tags : ,
jeudi 29 avril 2010

MABEL RIVERA: "CALLAS NON ERA TAN FERA NIN RIVALIZABA CON OUTRAS SOPRANOS"

Entrevistei a Mabel Rivera en El Progreso: [Maria Callas soubo dende os seis anos que sería cantante de ópera. A súa nai «reparou en que era un diamante en bruto e explotouno, aínda que nunca lle deu amor», comenta a actriz Mabel Rivera, que comezou a interpretar tamén porque a chamaron, «pero era porque facía falta xente para formar un grupo de teatro en Ferrol». Apuntouse sen unha convición rotunda, pero acabou deixando o seu traballo de tradutora en Astano. A súa nova aposta é ‘Master class’, unha obra de Terence McNally sobre unha... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:25 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :