dimanche 26 juin 2011
OS ZOMBIES NON FAN ARTE
A arte e as dictaduras son asuntos que gardan escasa empatía, máis ca nada porque os dictadores andan ao que andan. Pero non todos. Hitler, desgrazadamente para millóns de gaseados, teimou na cuestión artística e encauzou o talento de Albert Speer cara a unha versión anticipada dos escenarios grandiosos e ridículos de Bollywood. Igor Golomstock reflexiona sobre esa relación entre creatividade e erradicación da liberdade en 'Arte totalitaria: na Unión Soviética, o Terceiro Reich, a Italia fascista e a República Popular China'... [Lire la suite]
lundi 31 janvier 2011
UN TELÉGRAFO INTERNACIONAL
JULES HETZEL recibiu a primeiros de 1864 o orixinal París no século XX, de Xulio Verne. Hetzel foi a pigmalión de Verne, o editor que lle facía a proba Aenor. Hetzel estaba motivadísimo polo estoupido comercial de Cinco semanas en globo, pero non puido con aquela alucinación. A novela comezaba cunha entrega de premios a estudiantes destacados en matemáticas, enxeñería ou economía. Cando lle toca a un rapaz que se inclina pola literatura, os apupos asolagan o salón. Hetzel aponlle a Verne que o texto é «periodismo barato sobre un tema... [Lire la suite]
mardi 11 janvier 2011
BALCANIZACIÓN EDITORIAL
ABONDOU CON que se anunciase que 2010 sería o ano do libro electrónico, abondou co que a Lei Sinde fracasase no intento de asaltar a cova de Alí Babá e os Corenta Descargadores para que empezasen a agromar editoriais en Galicia. Mentres as cifras de vendas de dispositivos para lectura en pantalla son un misterio en Europa, raro foi o mes do ano pasado no que os axentes culturais non recibisen notificacións con acuse de recibo nos seus buzóns de correo electrónico informándoos da aparición dun selo. Ás veces proviñan de xente... [Lire la suite]
dimanche 21 novembre 2010
AS TONELADAS DE AGUSTÍN
SARTRE temía que lle desen o Nobel de Literatura de 1964. A internacional da cultura sabía que ían concederllo e asentía, pero el temíao. Os suecos en xeral teñen unha mentalidade de centro Ikea: márcanche o roteiro e advirtenche, impricitamente, que che é mellor seguires o percorrido sen desviarte, porque acabarás por levar catro lámpadas e un puf que non precisas. Sartre temía e a Academia sueca cumpriu. El logo o rexeitou para non ser institucionalizado porque se lle facía «ridículo» que un intelectual fose ministro de Cultura.... [Lire la suite]
dimanche 14 novembre 2010
HOUELLEBECQ E OS MALVADOS
A FRANCIA DE Sarkozy empeza a provocarme bocexos. Houbo un tempo en que o corazón literario bombeaba máis páxinas ca propia literatura, en que os xornais estaban máis interesados nas disputas sentimentaie e psicotrópicas dos escritores bébedos de absenta que nas súas obras. Paul Verlaine, un serio casado e pai dun neno que vivía cos sogros, meteu na casa ao novísimo Arthur Rimbaud. Á volta duns meses, ambos os poetas, ambos os amantes, houberon de fuxir a Londres diante do escándalo que armou a prensa. Daquela, provocar non era... [Lire la suite]
dimanche 7 novembre 2010
A ECONOMÍA CONTADA AOS NENOS
HOUBO UN CURSO no que todos os compañeiros de facultade botaban as clases cun salmón no pupitre. Non se trataba de que decidiran mellorar os niveis de omega 3, senón de que se lles dera por comprar prensa económica. Daquela Mario Conde era o máis listo do barrio e cada estudante convencera ao seu corazonciño de que a el tamén lle acaería a gomina nas xuntanzas dos 7 Grandes, que eran os dirixentes dos grandes bancos. Logo descubriuse que Conde era o máis listo dos moinantes e o alumnado regresou en tribo ao Marca. Agora devorounos a... [Lire la suite]
vendredi 5 novembre 2010
O FLAN DEMOCRÁTICO
BERLUSCONI sabe que os parlamentos son platós de televisión. Unha vez comparou o seu grupo co da oposición. «A dereita é moito máis guapa ca esquerda», opinou. Italia, dada a confundir as feiras de monstros coas campañas electorais (Cicciolina e accesorios), fundou un novo modelo gubernativo: a democracia televisiva. Paolo Vasile semella teimar agora en converter Telecinco no principal grupo parlamentario. Vasile sabe que en tempos de crise non importa tanto a capacidade para solventar os problemas como a capacidade para facer crer á... [Lire la suite]
lundi 25 octobre 2010
OS LECTORES DURMINTES
A LECTURA DEBE de ter algún efecto secundario desagradable e mesmo pernicioso. Non pode explicarse doutro xeito que practicamente toda a poboación adulta dos países nos que se emite ¡Mira quien baila! estea capacitada para ler e case que ninguén o faga. Allan Bennet reflexiona sobre o asunto en Unha lectora fóra do común, que vén de publicar Rinoceronte. Na súa fición, a raíña de Inglaterra descubre a lectura a xeito de quen namora: o amor entra no organismo dun xeito inadvertido, pero logo se instala no pensamento. A Sabela II... [Lire la suite]
dimanche 3 octobre 2010
PEDRAS CONTRA O PROPIO TELLADO
BRET EASTON ELLIS soubo resumir a oceánica desorientación da mocidade dos 80 cunha escea de Menos que cero (Anagrama). Un rapaz farto de todo, especialmente de si mesmo, érguese no salón do chalet paterno para saír ao xardín. Entre a herba coidada procura unha pedra e lánzaa contra o tellado, e logo outra, e logo outra. Unha páxina valeulle para descibir os sentimentos dunha xeración de mozos occidentais. Easton Ellis explorou e explotou o efectismo en American phyco, narrando detalladamente aquela experiencia gastronómica de picar... [Lire la suite]
dimanche 26 septembre 2010
OS LIBROS QUE NON VOLVERÁN
OS BIBLIÓFILOS recomendan ferozmente non prestar libros a amigos porque din que, de facelo, terás que escoller entre perder o libro ou perder o amigo. Xabier López vén de presentar catro contos baixo o título de Os libros prestados (Galaxia). O protagonista do libro homónimo sorpréndese da «xente que me prestou os seus libros, na súa infinda inxenuidade, non atinou a interpretar correctamente esa demora primeira na devolución». Estrañamente ese personaxe redactou unha lista de textos que lle deixaron no seu día e dos que se apropiara... [Lire la suite]