
CAMIÑABA POLA rúa de Lugo na que Ánxel Fole quedou convertido en estatua de sal. O escritor pena a súa nostalxia retrógada. Quedou eternizado en bronce coma os romanos de Pompeia quedaron fotografados pola lava do Vesubio.
Foi dobrar a esquina da rúa de San Pedro e comezar a nevar ao xeito profuso da Pequena Idade de Xeo. A rúa estaba estaba espida de xente, coma en A Noiteboa, o conto de Gógol: «Xeaba intensamente e reinaba tal silencio que o renxer da neve baixo as pisadas podía sentirse a...
[Lire la suite]