jeudi 9 février 2012

#BNG, DE CASA COMÚN A HABITACIÓN CON VISTAS

Os Calvo-Sotelo e os Bustelo adoitan compartir o casa grande familiar de Ribadeo- a Casa de Bengoechea ou Casa de Abaixo- para veranearen. Ao ir medrando o seu número, xeración tras xeración, foron chegando a acordos -favorecidos por negociacións amables e sorteos- para fixaren quendas de uso. Na orixe eran de meses, pero pasaron a ser de quincenas e despois de semanas. Na última década, segundo me contaba unha beneficiaria, adoitaban erguérense sen saber quen e cantos ocupaban as habitacións. O BNG foi funcionando con quendas e... [Lire la suite]

samedi 26 novembre 2011

CANDO LORES DI +G, QUERE DICIR +GUILLERME

Lores fíxonos un spoiler do que vai ser o congreso do BNG: "+G", sentenzou usando un acróstico que para o alcalde pontevedrés non significa o mesmo ca para Aymerich. Para Lores, +G significa Máis Guillerme, segundo o principio da dimisión lampedusiá de que a Terra xira para volver logo que pode ao punto de orixe. O rexedor razoa que o Bloque está mantendo a posta ideolóxica nas coordenadas nacionalismo/esquerda, aínda que asume que Galicia ignora o que chaman conciencia nacional, algo sobre o que dubida soamente unha minoría... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : , , , , , , ,