jeudi 23 mars 2017

A VIDA, ESE ASUNTO DAS CLASES MEDIAS

A MIÑA CASA quedou desolada a fin de semana pasada. Marcharon todos. Tiven que ser valente para afrontar a crise. Quitei La Cocotte, unha pota de ferro inventada en París, como Notre Dame ou os corchos do champán Moët et Chandon. Cociñei lentilles à cinq legumes, que son unhas vulgares lentellas con cinco verduras, nomeadas con elegancia. Mentres cociñaba, servinme Moët; o abandono alíviase mellor cunha bebida de luxo. Na cociña soaban o chop chop da pota e as canzoni de Piero Ciampi en versión de Bobo Rondelli, que soan... [Lire la suite]

samedi 25 février 2017

PARA LER DIARIOS NON NECESITO CONDUCIR

Aproveitei que o luns a miña casa estaba desolada para cometer un exceso: cear sardiñas con tomate. Como os meus non aturan o cheiro das xoubas, espero a quedar so para compralas e fritilas coa exaltación de todo acto clandestino. Deixo que as sardiñas se queimen un chisco porque me encanta ese sabor torrado, aínda que teña que suavizalo cunha ensalada de tomate. Cando ceo xoubas cumpro a profecía de que non darei durmido en toda a noite: o estómago non parará de retorcerse como se o Demo me bailase sobre as tripas, pero as miñas... [Lire la suite]