jeudi 12 février 2015

UNHA CABANA PARA REFUXIAR A MELANCOLÍA

A DESPEDIDA É unha arte ourensá. Ninguén se despide con tanto xeito e demora coma un natural de Ourense. Debe de ser porque a súa provincia é unha despedida en si mesma. Ourense está composto nun 10 por cento de funcionariado e nun 90 por cento de adeuses, aínda que todos acaben en Vigo.     Un día dos anos 80, a miña avoa Aurora prendeu Radio Popular de Bilbao para escoitar a retransmisión de Un ballo in maschera, de Verdi, dende o Teatro Arriaga. Esa tarde, Moncho Borrajo insinuou que deixaba a escena. Despedida y... [Lire la suite]

samedi 28 janvier 2012

NON VALEMOS PARA CABALOS SALVAXES

Uns deses cabalos que vagaban ás ceibas ao ancho de Ribadeo empezou a berrar por Shakespeare cando reparou en que a lazada dun xinete apreixaba o seu pescozo: “O mundo non é amigo teu, nin as leis do mundo!” Aínda que a nós, como raza galega, préstannos as leis do mundo máis ca o mundo porque nos dan unha experiencia de seguridade por moito que sexa tan ficionada coma o chupete que nos acouga cando bebés. Somos un pobo moi de marco de leira. Nin sabemos andar por solto nin aprobamos que outros anden. Fachendeamos de que hai unha lapa... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 03:57 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , ,
mercredi 25 janvier 2012

O EXCESO COMO ACHEGA GALEGA Á TEORÍA POLÍTICA

Aínda non podemos vestir as roupas de alivio por Fraga e xa marcha Baltar, aínda que por retiro voluntario. Ambos os dous representaban un xeito de gobernar enxebremente galego: o exceso. As quedadas de empanada baixo carpa contábanse por ducias de autobuses carrexando entusiasmo e analfabetismo; as tomas de posesión brillaban polos exércitos imperiais de gaiteiros; as maiorías nunca baixaban un grao de absolutamente absolutas. "Supera iso", semellaba o lema. Non botarei en falla as trombonadas, nin sequera os xantares triples, nin a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,
lundi 19 septembre 2011

ALONSO MONTERO PIDE 300.000 EUROS POLA SÚA MARELA

Alonso Montero é comunista. Case que sempre. O bo dos suxeitos con ideoloxías extremas é que se toleran suspensións temporais nas súas convicións. Alonso Montero é comunista, pero cando houbo que vender o seu arquivo adoptou a apariencia de liberal, que é como lles din agora aos feirantes de toda a vida: "Marxista, si, pero a bibliotequiña polo que vale", pensou cando saía cara o campo da feira. Acudiu a Deputación de Lugo. "300.000 euros e a marela é túa", desafiou ao presidente provincial, segundo cifrouo este. Besteiro... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:17 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,