
CANDO UN AMIGO encadeou a celebración do seu 50ª aniversario coa demolición do seu matrimonio fixen un acto de amor: non lle pedín explicacións. Unicamente tratei de que desactivase a súa implosión marital antes de que non houbese nada que salvar entre os cascallos. Cheguei tarde. A exmuller quedoulle co máis doroso: unha espléndida fábrica de salgadura reconvertida en mansión con gusto exquisito.
Nos encontros co meu amigo conteño a gana de preguntarlle por que soprou as velas da torta cun furacán de felicidade para logo marchar...
[Lire la suite]