
O SANGUE DO PINTOR Basquiat sufría unha oxidación progresiva dende neno. Andy Warhol retratou con manchas escuras na cara, unhas manchas que lle acabarían aparecendo de xeito natural. Supoño que a xente que vive rápido acaba oxidándose antes. Warhol tiña cincuenta anos cando coñeceu a Basquiat. El era un rapaz que vendía os seus cadros por un dólar a un marchante que os vendía 20.000 veces máis caros en Europa. Despois de triunfar, Basquiat pintouse como Plutón, o cego que repartía os cartos entre os esmoleiros que atopaba pola...
[Lire la suite]