mercredi 2 novembre 2011

CONTANDO AS FERIDAS QUE ME PROVOCA ESTE NOVEMBRO

Este novembro entrou no calendario a paso torpón, con preguiza. Van repoñernos 'Mariano en tiempos revueltos', cun protagonista que promete traer a felicidade coma se fose un objeto aprehensible e transportable o 24D nun saco de Papá Andreu. Por aí andan tamén dando a prosma 'Los Serrano', con Rosa Díez berrándonos as bondades de contar cunha serra grande e libre para mellor marcha da carpinteiría, como se a Artxanda que ela debeu de gozar de moza fose unha réplica a escala en gomaescuma do Sistema Penibético. O que máis nugalla... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:37 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,

lundi 10 octobre 2011

A FAMILIA SOCIALISTA FAI INVENTARIO DE BENS EN LUGO

A foto da famillia socialista nas casetas do pulpo amosouse fiel ao tópico. Semellaban varias pólas dunha familia reunidas no enterro dun deses avó que venden ata o traxe co que deberían soterralo para pagar as débedas. A mesa estaba chea de perdedores avisados. Rubalcaba, Blanco e Vázquez podían quedar sentados na mesa para sempre xamais que ninguén os botaría en falta. Orozco soubo medir mellor as súas ambicións quedando en alcalde e logrou ser unha calcamonía da súa cidade, que semella non concebir unha fotografía do salón de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:33 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , ,
mercredi 21 septembre 2011

BLANCO E EN BOTELLA

Un amigo imitábao como se gozase dunha ósmose feliz con el. Sentaba a unha mesa cilindro do papel de cociña por micro, acobadábase e estricaba os dedos índices coma se xogase a pinchar globos soltos polo aire; erguía levemente a parte central das cellas e adiantaba os beizos acusatorios. Agora o imitado está revolucionándoos, agasallándonos con autovías, altas velocidades, estradas secundarias, aerorportos, e, en Lugo, accesos á cidade, pontes -prometidas cando Franco era rei de España- e depuradoras. As motivacións serán obscenamente... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,