dimanche 18 janvier 2015

FLORES DEMOCRISTIÁS NOS NOSOS PANTEÓNS

  UN TRACTOR rabuña unha espiral prehistórica en Campo Lameiro sen ser investigado, un electricista rouba o Códice Calixtino e facemos unha lectura de opera buffa de Rossini, Suso de Toro insiste en que non volve nin de coña,... a visión da cultura galega é un espanto.       Nesta época de fugacidade e traxedia wagneriana recuperamos valores firmes: Rosalía, Castelao, Blanco Amor e Perfecto Feijoo. A Deputación da Coruña vai financiar a renovación de contidos na casa museo de Rosalía, a nosa mater... [Lire la suite]

lundi 20 octobre 2014

O ANO NO QUE LERA AO PREMIO NOBEL

  Hai un acontecemento que vives dúas veces na vida: sabes que é o Nobel. Hai un acontecemento que vives soamente unha vez: liches a ese Nobel. Nunha maña da semana pasada pareceume que rematara a Ocupación nazi de París. Mesmo sentínme sentado no Jeep norteamericano no que Hemingway subiu antes de bicar a súa moza e anunciarlle que debía «liberar o Ritz».  A mañá da que lles falo era gris, como todas as mañás nas que se anuncia o Nobel, ese premio cada ano dános a coñecer unha escura poeta xamaicana ou un novelista... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , ,