samedi 23 décembre 2017

PIRANDELLO DISPUXO SER ENTERRADO ESPIDO

CON FRANCO chovía máis. Seino porque lembro todas as tardes daquel período de rexencia militar contando pingas no océano disperso que esvaraba pola ventá. Franco —digo para os que xa naceron en hospital— era un condottiero alto, loiro e guapetón que proxectaba unha voz fonda, rusa e ortodoxa como a de Xabier Docampo. Tras emparentar coa nobreza da estirpe que manou de Covadonga a través da honrada e bela Carmen Polo, excusou de convocar eleccións ata que morreu. Non hai que fascine máis aos españois que unha espada que poña... [Lire la suite]

samedi 1 octobre 2011

EU NON ESTIVEN CASADO CON JORGE LUIS BORGES NIN CON FERNÁNDEZ MALLO

Algunhas viúvas de persoeiros mundiais teñen cara de oráculo. Outras son discretas e saben que o talento non se transmite por ósmose. Se lles preguntase ás viúvas das caixas galegas, confesarían que un 7% é unha cifra que non se lles aparecía aos finados nin no máis brutal dos pesadelos, pero saben calar educadamente. Sen embargo, hainas que terman peor da súa soberbia. María Kodama vén de decidir -e mesmo de calzar os tacos para lanzarse a unha carreira xudicial- porque está certa, sen lelo, de que ao seu home non lle gustaría 'El... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,