jeudi 15 janvier 2015

A FALSA (FALSA) BANDEIRA NO CHARLIE HEBDO

O paso dos días tras a masacre do Charlie Hebdo está volvendo os asuntos aos arquivadores asignados. Por unha banda, aparece un cómico líder de Al Qaeda para sermonearnos rodeado de símbolos de modernidade para que esquezamos o atávico dese discurso no que se permite metaforizar como Batalla Sagrada de París o asasinato sen piedade de doce persoas. Por outra, rexurde a esquerda das alucinacións que considera que o crime é unha operación de falsa bandeira da CIA. Perciben o servizo secreto de Estados Unidos coma un ente... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:22 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , , , , , ,

vendredi 2 décembre 2011

APÁRENCESENOS OS ESPECTROS DOS ROBOTS DESGUAZADOS

ALGÚN DÍA serán os fantasmas dos robots desguazados os que nos dean sustos. Polo de agora, son as almas dos espías as que se nos aparecen. O último foi Paesa, cuxa biografía anda nas estremeiras do Código Penal e xa tan próximo a Cuarto Milenio que calquera día Iker Jiménez lle dedica un especial. O axente español obrigoume a buscar a miña lista de espías favoritos. Tras John Le Carré, por motivos literarios; Kim Philby, porque semella unha xustiza poética que lle pagues ao rapaz un college e che saia comunista, e Putin, porque lle... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:43 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,