samedi 17 février 2018

LONGA NOITE DE BEBIDAS ENERXÉTICAS

A NOITE EMPEZA cando tropezas con dúas latas de Red Bull no portal da casa. Deducino porque lle lin a Valle Inclán que «la batalla comienza cuando los ojos llegan a mirarla». Valle Inclán aprendeuno cando sobrevoou a Primeira Guerra Mundial para o diario El Imparcial. O escritor comprendera que a realidade é fragmentaria porque se carteaba cos presocráticos, pero tamén intuía por Platón que a realidade nace cando abrimos os ollos pola mañá e se extingue ao durmirmos.     Tales de Mileto defendía que o mundo está... [Lire la suite]

samedi 15 avril 2017

DISPAROS VESPERTINOS CONTRA A LÚA CRECENTE

A PRIMEIRA VEZ que che morre un amigo sabes que é unha casualidade macabra. A segunda vez, comprendes que a vida é conducir por unha estrada na que se che cruzará unha árbore cando menos o esperes. Pero cando se encadean a terceira, a cuarta e a quinta ocasións asumes que o único seguro é palparte corazón a cada espertar. O sábado pasado Xosé Luís Sucasas apagouse sobre a súa bicicleta. Sucasas era o escritor de Lalín que me facía rir cada mañá no Facebook co seu humor irrespectuoso. Este ano natural morréronme Sucasas e outros... [Lire la suite]
samedi 12 décembre 2015

O SEÑOR QUE BOTA LIMÓN NOS MEXILÓNS

T. S. Eliot estaba enganado. Abril non é o mes máis cruel. Novembro resulta máis inhumano. Por letal. A morte ten preferencia por ese mes situado a desmán entre a última felicidade do verán e a alegría impostada do Nadal. Novembro comezan con Todos Os Santos. Nesa celebración colle impulso para a devastación. Este novembro rematou marchando con Carlos Oroza, Xosé Neira Vilas e Chao Rego na véspera de decembro. «Nunca temín que a morte levaría a tantos», confesou Eliot. As boas persoas non teñen biografía. Neira Vilas nin sequera... [Lire la suite]
samedi 5 décembre 2015

UN MERCEDES BLINDADO CONTRA A PORTA DO CAFÉ GIJÓN

    Aníbal Malvar veu visitarme a Lugo. Sentamos na terraza do Madrid. El sigue bebendo un wishky eternamente caro e eu, auga con burbullas sen chispa da vida. A conversa volveu ao remuíño de Moustaki, Brassens e eses cantantes cuxo atractivo residía na guitarra e no impostado do acento francés. Nunca precisaron vulgaridades como xogar ao fútbol nin ter un chalet branco deseñado por Joaquín Torres.O whiskey de doce anos ceiba a lingua do meu amigo escritor. Empezou lamentado a desesperación e a fame dos miserables que se... [Lire la suite]
dimanche 26 octobre 2014

O SECRETO DE CARLOS OROZA

Manuel Jabois empezou a traballar en Madrid o 1 de maio de 2013, coa prima de risco a 293 puntos. John Mitchell apeouse en Nova York un 25 de outubro de 1929, o día posterior á Gran Depresión. O positivo das crises é que causan unha miseria tan oceánica e negra que medran os periodistas que mellor escriben, como Jabois ou Mitchell. Tamén florecen persoas que crecen ata ser personaxes, como Carlos Oroza ou Joe Gould.Manuel Jabois sostén que, se lle daban a escoller entre gañar o premio Nadal de Novela ou entrevistar a Amancio Ortega,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : , , , , , , ,