
A natureza balcánica do socialismo vigués fáiseme tan íntima como o vademecum da miña nai. Carlos Príncipe adoita arrepiñar a palabra aos colegas nas noites da Radio Galega para amosarnos unha e outra vez o seu expediente, ese historial médico no que se recollen todos os virus e bacterias que foron tumefactando o seu liderado da socialdemocracia sureña. Príncipe nunca pasou de estrela anana e acabou por extinguirse para todos menos para esa illa de Elba que pagamos a escote todos os galegos para nos volva recrear os seus austerlitz....
[Lire la suite]