samedi 3 février 2018

MAMBRÚ MARCHOU Á GUERRA. E VOLVEU?

ANTÓN LOPO  telefonoume aí atrás coa súa voz esclarecida. «Jaure, déronme un premio. Temos que celebralo. Vén a Monforte de Lemos. Convido a unha botella de viño». Fixo un silencio bursátil e matizou: «Viño do bo». Os poetas saben acariciar eses detalles imperceptibles. É bo poeta. Un xurado unánime vén de concederlle o Lueiro Rey por Corpo.      Subín en Lugo ao tren máis rápido que temos e que me foi conducindo «pola beira do Miño,/ me leva e me leva polo meu camiño./ O tren vai andando pasiño a pasiño/ e... [Lire la suite]

samedi 20 janvier 2018

POMBAS, MAZÁS E OUTROS EPISODIOS NACIONAIS

HAI UN MES estaba eu cruzando a praza de Santo Domingo —de aquí, de Lugo—. A praza tivera que dicir que choveran por riba dela. Unha señora vestida de personaxe secundario das Brönte, cunha gabardina verde e un sombreiro de cogomelo, achégase a min. Vén agarrada da man a un cabaleiro da súa idade. Son siameses asimétricos. El tamén leva roupa de augas, como se pasease por cuberta na noite do Titanic. Cando unha parella de folla caduca se agarra entre si pode culparse a que teñen medo urxente á perda ou a que son un matrimonio naïf. ... [Lire la suite]
samedi 22 juillet 2017

A CONVERSA QUE CALOU FAULKNER COA SÚA NAI

    AQUELA TARDE de 1931 a calor húmida pesaba a mala idea sobre a casa de William Faulkner. O escritor miraba á súa nai, sentada na cadeira grande do salón. Falaban de calquera tema, pero Faulkner botaba olladas fugaces á ventá, por riba da Remington coa que escribira dous anos antes a novela Santuario (Alfaguara), aburrido por aquel diálogo intrascendente. O incómodo non era a conversa que estaban mantendo, senón a conversa que estaban calando.O novelista viña de publicar Santuario. Interrompera o seu costume devoto de... [Lire la suite]
samedi 17 juin 2017

UNHA MISA PARA MALLO E UNHA CEGOÑA COXA

  O MUSEO PROVINCIAL de Lugo puxo o xoves unha gran sala de tiros longos para celebrar a Maruja Mallo cunha mostra. O país empeza a tomala en serio. A última vez que entrei no Café Zuckerberg lin que a anterior homenaxe que se lle fixera en Lugo a Mallo fora organizarlle unha misa. Rezouse por unha muller que se deu un garbeo en bicicleta durante unha eucaristía dominical na igrexa de Arévalo. En fin. Os que lemos o Libro de Xob sabemos que o Inferno é tan desagradable como un baño sueco, porque as almas condeadas «pasarán... [Lire la suite]
samedi 4 février 2017

AEROPORTO AIRIÑOS, AIRIÑOS AIRES

A DENTISTA amosoume o luns unha praca dos corredores interiores da miña boca. Explicoume a estratexia bélica que aplicaría durante as dúas horas seguintes. Mentras falaba do asalto sorpresivo que acometería co torno contra as almenas premolares e da carga retardada coa espátula polo flanco dereito, eu lembraba Le Rhin. Lettres à un ami (O Rin, Cartas a un amigo), de Victor Hugo. O novelista visitou en 1840 as ruínas do castelo de Heidelberg, en Alemana, que fora palacio de Federico IV. «Non podes imaxinar a furia coa que os... [Lire la suite]
vendredi 27 mai 2016

OS MANDARÍNS E OS APÓSTOLOS FÓRA DO PAÍS

  Galicia vén de superar a súa maior crise cultural. Pese a que os madaríns estaban en Bos Aires e os apóstoles, en Michigan, as bibliotecas e os Burger King seguiron funcionando. Os devotos da cultura galega pasamos quince días de desasosego. Os cinco mandaríns que enfían e desafían todo congreso, debate ou publicación desapegaran da Lavacolla para saciar con garrafas a sede de coñecemento sobre Galicia que percorría inconsolable a Feira do Libro de Bos Aires. Ao tempo, a nosa ducia de apóstolos collera rumbo ao norte... [Lire la suite]

vendredi 8 avril 2016

O CANTANTE QUE PERFUMABA OS PÉS

A POUCO ESTIVEN de deixar en branco esta crónica sobre a deriva cultural do país durante cada semana. Despois reparei en que mandar a imprenta unha páxina en branco suporía imitar os xornalistas futbolísticos cando contan o partido de dous equipos ansiosos dun empate na última xornada de Liga. Sería irresponsable. A actividade de Galicia no ámbito cultural converteuse nun bucle de lembranzas que avanza de Día das Letras a Día das Letras. Esta semana tivemos por maiores novidades varias presentacións de libros sobre Manuel María e a... [Lire la suite]
dimanche 17 janvier 2016

O INFERNO NON EXISTE. PODES PECAR A ESGALLA

ESTES DÍAS frecuento literatura triste. O mes amenceu chuviñento. O ambiente era pouco propicio para ler Os sotos do Vaticano, a novela de André Gide sobre un dandi anarquista que asasina por estética, por molestar á burguesía. Cando menos, logrou que o escritor Paul Claudel, que viña de converterse emocionadamente ao catolicismo, deixase de consideralo amigo.Optei por algo máis solemne: Epístola aos colonenses, de San Paulo. Ese texto ten un carácter admonitorio que me lembrou o artigo que enviou Francisco Rodríguez aos seus... [Lire la suite]
mercredi 30 septembre 2015

O VENTRE PROVIDENCIAL DE MIGUEL ANXO

MARCHO QUE teño que marchar é unha frase feita, pero revela habibilidade para identificar o momento exacto para irse dun lugar. Eu nunca acertei a marchar en tempo e forma. Hai anos deime de baixa da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). O motivo para escapar foi que nunca sentía falar de contratos dos libros, xestión de axudas económicas, reclamación dos dereitos de autor ás editoriais que non pagan estando subvencionadas, prmoción de traducións ou creación dunha axencia literaria. Os congresos trataban de cuestións... [Lire la suite]
jeudi 12 février 2015

UNHA CABANA PARA REFUXIAR A MELANCOLÍA

A DESPEDIDA É unha arte ourensá. Ninguén se despide con tanto xeito e demora coma un natural de Ourense. Debe de ser porque a súa provincia é unha despedida en si mesma. Ourense está composto nun 10 por cento de funcionariado e nun 90 por cento de adeuses, aínda que todos acaben en Vigo.     Un día dos anos 80, a miña avoa Aurora prendeu Radio Popular de Bilbao para escoitar a retransmisión de Un ballo in maschera, de Verdi, dende o Teatro Arriaga. Esa tarde, Moncho Borrajo insinuou que deixaba a escena. Despedida y... [Lire la suite]