dimanche 8 juin 2014

TEMPOS INESTABLES PARA A LÍRICA

Nos anos 80 Galicia limitaba ao norte coas revistas La Naval e Luzes, e ao sur coa Movida de Vigo. Manuel Rivas e os irmáns Pereiro achegaban a letra; Antón Reixa, Julián Hernández e German Coppini escribían a banda sonora.Non lonxe lles andaba Miguel Costas, o galego que mellor comprendeu os tres minutos de frescura pop. Non chegou a ningures con Aerolíneas Federales porque nunca aspirou a unha medalla ao Mérito no Traballo. Ten confesado que marchou de Siniestro Total «porque traballaban demasiado».Entre os vigueses, Reixa acertou... [Lire la suite]

mercredi 4 janvier 2012

LONGA NOITEBÚS DE PEDRA

Roberto Varela estaba de paso. Facía escala en SCQ. A sensación que tirei na primeira e única vez que falamos foi de provisionalidade. Viña de aterrar da megalópole, do bazar das sorpresas neoiorquino, e un citröên con cristais de Ray-Ban Wayfarer trasladouno a Láncara coa mesma indolencia amoral cas barcazas cruzaban condenados a Alcatraz. Parecía confuso contemplando como se saudaban e se apertaban sorrintes os césares soberbios e carnosos da nosa cultura nun acto que debería presidir o novo conselleiro. Semellaba, no canto,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:15 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : ,