mercredi 1 juin 2016

UN PROTÉSICO DENTAL QUE TOMA CAFÉ

UNHA VEZ LERA que o editor pontevedrés Sabino Torres almorzaba cegándose as vistas bonitas e luminosas da Caeira. Quedei con esa imaxe, porque me resultou extravagante, a chamada de atención que esperaría dun poeta menor e calvo. Debín de lelo nunha entrevista que lle fixo Belén López para o Diario de Pontevedra en 2014. Belén López pregunta sempre cun instinto rítmico e unha modulación do ton que envexo. Volvín a esa entrevista pola morte de Torres. Ese costume de lobo estepario que tiña o editor estaba motivada. «Para almorzar... [Lire la suite]

samedi 4 avril 2015

ROMÁNICO, BARROCO E SENTIMENTAL

  MARCEL PROUST desconfiaba da arquitectura. Non exactamente da arquitectura, senón máis ben de procesos relacionados con ela, como as mudanzas. A súa familia, que vivía en París, decidiu en 1900 cambiar de piso para vivir na Rue de Courcelles. Marcel escapou a Venecia mentres durou o cambio de casa. Cinco anos despois, tras a morte da nai, acabou recoñecendo que a arquitectura das lembranzas lle pesaba de xeito insorportable. «Mamá levou canda ela o pequeno Marcel ao morrer», escribiría. Soportou esa tristeza uns poucos... [Lire la suite]