samedi 3 février 2018

MAMBRÚ MARCHOU Á GUERRA. E VOLVEU?

ANTÓN LOPO  telefonoume aí atrás coa súa voz esclarecida. «Jaure, déronme un premio. Temos que celebralo. Vén a Monforte de Lemos. Convido a unha botella de viño». Fixo un silencio bursátil e matizou: «Viño do bo». Os poetas saben acariciar eses detalles imperceptibles. É bo poeta. Un xurado unánime vén de concederlle o Lueiro Rey por Corpo.      Subín en Lugo ao tren máis rápido que temos e que me foi conducindo «pola beira do Miño,/ me leva e me leva polo meu camiño./ O tren vai andando pasiño a pasiño/ e... [Lire la suite]

mercredi 26 juillet 2017

OS AMIGOS DOS MÚSICOS TAMÉN SON MÚSICOS

  NON SOMOS CONSCIENTES do valor da nosa cultura. Deberíamos prestarlle máis atención porque empeza a ser unha civilización mesopotámica: ten uha solidez centenaria, abrangue todas as artes con riqueza en cada disciplina, e está a unhas décadas de ser unha bonita fonte de inspiración para souvenirs.     O problema non é soamente que os galegos estean tolerando que o seu idioma, o seu punto de vista da realidade, desapareza; o problema é que vai arrastrar á cultura. Si, sen idioma que a sustente, non hai... [Lire la suite]