vendredi 9 juin 2017

AS OVELLAS BRANCAS E NEGRAS DE EPIMÉNIDES

AS INSTITUCIÓNS con máis secretos non son axencias de espionaxe, son os matrimonios. A miña muller non sospeita o que curioseo no móbil cando nos deitamos. Fago un escorzo para que non vexa a pantalla. A flor do meu secreto, que diría cursimente Almodóvar, é a Biblioteca Estatal de Baviera. Adoito entrar cada noite na súa web; sobre todo, para contemplar libros incunables. Reúne a mellor colección do mundo. Algunhas primeiras edicións son soberbias. As poucas primeiras edicións que atesouro na casa son libros de Galaxia.... [Lire la suite]

samedi 18 mars 2017

IBUPROFENO, CALDO DE GALIÑA E 'GUERRA E PAZ'

  Os tres mellores remedios contra a enfermidade son unha caixa de ibuprofeno, galiña para caldo e un exemplar de ‘Guerra e paz’. O xoves perdín a guerra bactereolóxica coa vida. Houben de encamarme, pero non tiña a lucidez necesaria para escribir Na busca do tempo perdido, como Proust; senón máis ben unha actitude indolente e desmotivada de Onetti. Diante da falta de alento para acometer unha proeza proustiana, tomei ibuprofeno, cociñei un caldo e collín un exemplar de War and peace. O libro era unha versión en inglés... [Lire la suite]
samedi 9 mai 2015

AS LETRAS ENTRARÁN CON CALZADOR DE HERMÈS

O DEBATE MAIOR da cultura galega non é a curva de Angrois nin a desolación preferentista, nin sequera o pánico editorial ou a soedade dos teatros. Non, a cuestión que late nos nosos mellores cerebros é se un sabio coas mans manchadas de franquismo é digno das Letras Galegas. Como cronista, eu non son estrano a ese misterio redentor. Por iso, non vou culpar ao país. Nin sequera a esa irrelevante porción de país á quen importa o asunto. Cada cultura ten as súas teimas. Hainas máis permisivas ca outras. Charles Baudelaire... [Lire la suite]
samedi 21 juin 2014

UNHA PELOTA LARANXA

O paseo desta mañá levoume polo centro da cidade, entre o sol que recendía e o lixo escuro sen recoller. Quero pensar que houbo un momento en que os traballadores de Urbaser tiñan algún motivo para anegarnos nesta peste durante dez días, pero xa non o lembro. Excusan de recordarmo porque non me vexo capaz de dixerilo. Na camiñada houbo arcadas, pero también houbo a felicidade de perseguir unha pelota laranxa tras a cal ía Antón (+8). O meu fillo regateaba un viandante, unha farola e un banco con ese sentido do espectacular que teñen... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:32 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,