samedi 17 septembre 2016

A NOITE NA QUE MIREI CUARTO MILENIO

SI, ESTIVEN vendo Cuarto milenio, o programa televisivo de Iker Jiménez. Foi o domingo. Boto a culpa a que saíra canso de traballar, sen dúbida pesoume ao aire da noite, que estaba denso pola calor. Axudou a rabuñadura da soedade. Tampouco teño unha conciencia clara de que deba de darlle a vostede todas estas explicacións por asomarme a un espazo que ten moitos espectadores, que mesmo hai persoas que sintonizan. Ao cabo, soamente foron quince minutos mal contados; tal vez, vinte. Non mirei o reloxo, pero podo asegurar que non seguín... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 20:52 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,

lundi 2 février 2015

O PAIS QUE SE QUENTOU NUNHA MESA DE BRASEIRO

HAI UNHA ESCENA da novela Ravelstein (Teorema) de Saul Bellow que comeza nun apartamento de Nova York tan cativo coma luxoso. Na sala de estar o profesor de Filosofía Ravelstein (trasunto de Allan Bloom) e varios dos alumnos seus que máis brillan miran un partido de baloncesto. Michael Jordan executa saltos dunha altura e unha lonxitude que soamente lograra Nureyev para atravesar o escenario do Bolshoi. Allan Bloom comenta fascinado a estatura do mito do baloncesto porque «os nenos recollen mesmo restos das mazás nas que... [Lire la suite]
jeudi 15 janvier 2015

A FALSA (FALSA) BANDEIRA NO CHARLIE HEBDO

O paso dos días tras a masacre do Charlie Hebdo está volvendo os asuntos aos arquivadores asignados. Por unha banda, aparece un cómico líder de Al Qaeda para sermonearnos rodeado de símbolos de modernidade para que esquezamos o atávico dese discurso no que se permite metaforizar como Batalla Sagrada de París o asasinato sen piedade de doce persoas. Por outra, rexurde a esquerda das alucinacións que considera que o crime é unha operación de falsa bandeira da CIA. Perciben o servizo secreto de Estados Unidos coma un ente... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:22 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , , , , , ,
vendredi 9 janvier 2015

AS NORMAS E OS ARGUMENTOS

Estou en Roma, uso un teclado italiano; de ai esta grafia que enfureceria ao alonso montero màis acalmado. Venho de pasar por diante da sede do xornal Il Messagero. Observo medidas de seguridade extraordinarias: dous coches da Policia ocupan media estrada impedindo o paso ante o edificio. As medidas de seguridade son italianas: ambos os coches patrulla estàn cruzados de xeito que os axentes poden conversar entre eles abrigados pola calefacciòn, sen ter que abandonarse ao fresco da rùa. Entendo que esa sobreprotecciòn responde à... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 21:45 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :