
O MÁXIMO EXPERTO en Ubú Rei do país é un pintor lucense. Quique Bordell ama ese humor axitado e inane que ataca ao poder. Unha mañá, no seu estudo —un museo do surrealismo— Quique preguntoume se leo en francés e logo regaloume un exemplar da obra teatral que Alfred Jarry estreou en 1896. Non contextualizou o agasallo con explicacións. Retoume tacitamente a compartir a súa capacidade para a retranca ou a sentirme estúpido. Ubú, xa sabe, é un soldado que derroca ao rei de Polonia e convértese nun Tirano Banderas.
Rocío Cortés...
[Lire la suite]