
Galicia tomou en serio a arquitectura soamente dúas veces na súa historia: na primeira deu o románico; na segunda, o barroco galego. O historiador Ramón Villares tenme falado dese tempo no que Galicia refulxía, no século XVII. Estou por non acreditar en que foramos algunha vez un país rico, pero Villares é un sabio e abóndame a súa palabra. A maiores, conservamos os fósiles pétreos dos marabillosos pazos e igrexas do noso barroco. O románico quedou lustroso no país e mesmo demos moldeado un barroco particular.
A complicación...
[Lire la suite]