samedi 3 mars 2018

SOLDADOS DO AMOR, MARIÑOS DE BROMURO

ANÍBAL MALVAR soaba pesaroso ao outro lado do teléfono. Chamárao para informar sobre o secuestro de Fariña (Libros del KO) de Nacho Carretero. Toda a miña empatía, Nacho. Aníbal escribiu novelas negras nas que era o protagonista: facía de canalla —variante lírica do macarra— que convida a unha loira platino a cear espaguetes con Jack Daniel’s sen destilar mentres fuman rubio de contrabando. Aníbal fala guionizado, como James Cagney: «Píllasme fóra de circuíto, Jaure; os meus amigos narcos están no cárcere, cobrando a non... [Lire la suite]

samedi 24 février 2018

FUNCIONARIOS MISAN NO RITO DE TRENTO

EU SEI QUE O SECRETARIO xeral de Ciudadanos, José Manuel Villegas, é intelixente. Seino porque usa lentes. O seu razoamento é hegeliano: pide que coñecer a lingua dun virreinato de España non sexa requisito para ser funcionario. Quere rebaixar o galego, o vascuence e o catalán a mérito, a palmada nas costas, a guinda no pastel, a apreciación sobre o Código Civil dun pasante de bufete. O secretario-cidadán explicouno de xeito elocuente: os profesores da asignatura de Catalán deberán saber español para dar clase e mesmo «se les... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 21:27 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , ,
samedi 17 février 2018

LONGA NOITE DE BEBIDAS ENERXÉTICAS

A NOITE EMPEZA cando tropezas con dúas latas de Red Bull no portal da casa. Deducino porque lle lin a Valle Inclán que «la batalla comienza cuando los ojos llegan a mirarla». Valle Inclán aprendeuno cando sobrevoou a Primeira Guerra Mundial para o diario El Imparcial. O escritor comprendera que a realidade é fragmentaria porque se carteaba cos presocráticos, pero tamén intuía por Platón que a realidade nace cando abrimos os ollos pola mañá e se extingue ao durmirmos.     Tales de Mileto defendía que o mundo está... [Lire la suite]
samedi 10 février 2018

OS QUERUBINS QUE PROVOCAN AS NEVADAS

    CAMIÑABA POLA rúa de Lugo na que Ánxel Fole quedou convertido en estatua de sal. O escritor pena a súa nostalxia retrógada. Quedou eternizado en bronce coma os romanos de Pompeia quedaron fotografados pola lava do Vesubio.      Foi dobrar a esquina da rúa de San Pedro e comezar a nevar ao xeito profuso da Pequena Idade de Xeo. A rúa estaba estaba espida de xente, coma en A Noiteboa, o conto de Gógol: «Xeaba intensamente e reinaba tal silencio que o renxer da neve baixo as pisadas podía sentirse a... [Lire la suite]
samedi 3 février 2018

MAMBRÚ MARCHOU Á GUERRA. E VOLVEU?

ANTÓN LOPO  telefonoume aí atrás coa súa voz esclarecida. «Jaure, déronme un premio. Temos que celebralo. Vén a Monforte de Lemos. Convido a unha botella de viño». Fixo un silencio bursátil e matizou: «Viño do bo». Os poetas saben acariciar eses detalles imperceptibles. É bo poeta. Un xurado unánime vén de concederlle o Lueiro Rey por Corpo.      Subín en Lugo ao tren máis rápido que temos e que me foi conducindo «pola beira do Miño,/ me leva e me leva polo meu camiño./ O tren vai andando pasiño a pasiño/ e... [Lire la suite]
samedi 27 janvier 2018

PODE COMPRARSE TODO MENOS O BACHARELATO

        CÉLINE BOTOU a vida habitando e deshabitando casas. Foi perseguido polas súas ideas, que eran perseguibles. Non acougou dende que La Nueve republicana entrou a canonazos no París hitleriano. En París foi un fuxido; en Sigmaringen, un refuxiado; en Hamburgo, un agochado; en Copenhague, un detido; en París, un amnistiado. Nin foi inocente, nin se arrepentiu. Buscou a expiación no ballet. Miraba bailarinas, debuxaba bailarinas, casaba con bailarinas, era infiel con bailarinas. A segunda e derradeira... [Lire la suite]

samedi 20 janvier 2018

POMBAS, MAZÁS E OUTROS EPISODIOS NACIONAIS

HAI UN MES estaba eu cruzando a praza de Santo Domingo —de aquí, de Lugo—. A praza tivera que dicir que choveran por riba dela. Unha señora vestida de personaxe secundario das Brönte, cunha gabardina verde e un sombreiro de cogomelo, achégase a min. Vén agarrada da man a un cabaleiro da súa idade. Son siameses asimétricos. El tamén leva roupa de augas, como se pasease por cuberta na noite do Titanic. Cando unha parella de folla caduca se agarra entre si pode culparse a que teñen medo urxente á perda ou a que son un matrimonio naïf. ... [Lire la suite]
samedi 6 janvier 2018

PÓLVORA SEN MAGNOLIAS NA DISCOTECA CANGLOR

BRAULIO SOÑA máis bonito ca min. Falamos na profunda noite do Facebook sobre Voltaire. El soña tan bonito que logra que se lle apareza o pensador francés. Braulio di que Voltaire modula nas súas ensoñacións as mesmas voces impostadas que usaba para imitar os ilustrados, o pobo ou os tendeiros nas xuntanzas do seu salón. Por todos sentía o mesmo respecto, un respecto viúvo.     Eu soño angustias. Vou Preguntoiro abaixo dende a miña pensión á Facultade de Dereito. Os rapaces de clase media non elixiamos estudos... [Lire la suite]
samedi 30 décembre 2017

OLIVER LAXE SENTE UN ECO DA IDADE MEDIA

    O REI JUAN CARLOS tomou poucas decisións na súa vida. Nin sequera decidiu nada a finais de 1975. Saía da Zarzuela á rúa mirando para un lado e para outro coa fin de que a Transición non o levase por diante. Deixou que lle impusexen a medalla de visionario sen entender nin a primeira das xogadas a carta marcada que fixera Suárez. Don Juan Carlos é un tanto proustián pola ironía coa que representa nesa montaxe escénica que é a aristocracia. O rei emérito vai vivindo os praceres e os días sen... [Lire la suite]
vendredi 15 décembre 2017

MURGUÍA CAVA A TUMBA DE ROSALÍA

  FOI UNHA DESAS decisións que, se non se toman de súpeto, logo morren. Hai 60 ou 70 anos, non se sabe concretamente. Varios veciños da Terra Chá, a grande chaira ao norte do Ducado de Lugo, estaban nunha desas tabernas na que se citan o día e a noite. Alguén con pelo crespo e ollada sideral, sentado so nunha mesa do fondo, queixouse da distancia que debía percorrer para volver á casa. Outro, acobadado na barra, rañou na cicatriz que lle deixara un xabarín inesperado antes de darlle a razón. Todos repararon, como se fose unha... [Lire la suite]