jeudi 11 juin 2015

A CARTA DO REI MELCHOR A TOMAS CAVANNA

O MEU PAI foi un home afortunado. O pico anual da súa sorte chegaba no día de Reis, cando abría o sobre coa carta que lle escribira Melchor. Tras desdobrar o papel acendíanselle os ollos. Levantaba a cabeza e lía o texto en voz alta. «...y dile a tu mujer que no te riña tanto», remataba invariadamente a mensaxe de Melchor. O sorprendente é que a letra do rei de Oriente era igual de redonda, elegante e satisfeita ca do meu pai.  Kafka redactou en 1919 unha longa carta ao seu proxenitor para explicarlle as razóns polas que lle... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:45 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :

samedi 14 mars 2015

AS CONFERENCIAS INÚTILES SOBRE AS CONFERENCIAS INÚTILES

NON DABA CRÉDITO cando o lin. Pensei que era unha broma dos de Tempos Galegos iso do ciclo de debates Cara a onde. A tranformación cultural desde a literatura, que desenvolve no CGAC. A relacién entre o investido en cultura e o rendimento eu encargaría analizala a algún experto en economía, e non exactamente a Suso de Toro, Bernardo Atxaga, Carmen Riera ou Bradley Epps. É dicir non partiría «dende a literatura» para estudar o rendemento dun gasto. O propio subtítulo leva o adverbio dende, que se pode usar para un lugar de... [Lire la suite]