jeudi 5 octobre 2017

MULLERES E HOMES, E VICEVERSA

"HAI QUE SALVAR a Rilke", escribiu a princesa Maria von Thurn und Taxis no seus diarios (Alianza) en 1916, décadas antes de que Spielberg copiase a frase para salvar o soldado Ryan. A nobre eximiu o poeta da obriga de marchar co exército austrohúngaro para abatir inimigos rusos, segundo conta Adam Zagajewski en Releer a Rilke (Acantilado). Logrou que destinasen ao poeta ao monótono e seguro Arquivo da Guerra de Viena. A princesa admiraba a Rainer Maria Rilke, pero non se resistía a dirixirlle cartas chamándoo Doutor... [Lire la suite]

samedi 29 juillet 2017

VICENTE RISCO MORRE COMO MARÍA ESTUARDO

TEMO QUE Vicente Risco levou o seu amor polos mitos demasiado lonxe. «O meu pai cría no Deaño como persoa», revela o seu fillo Antón en Risco segundo Risco (Galaxia), o libro de conversas con Arturo Lezcano.Os mitos son útiles na infancia, para explicarte o mundo cando aínda non tes suficiente cultura científica. Os amigos do meu barrio, cando nenos, xogabamos ás guerras dos nosos antergos. Duraban pouco tempo. Nada máispoñernos, empezaba a discusión sobre se Medea, a filla do rei da Cólquide, foi raptada polos argonautas gregos... [Lire la suite]
samedi 22 juillet 2017

A CONVERSA QUE CALOU FAULKNER COA SÚA NAI

    AQUELA TARDE de 1931 a calor húmida pesaba a mala idea sobre a casa de William Faulkner. O escritor miraba á súa nai, sentada na cadeira grande do salón. Falaban de calquera tema, pero Faulkner botaba olladas fugaces á ventá, por riba da Remington coa que escribira dous anos antes a novela Santuario (Alfaguara), aburrido por aquel diálogo intrascendente. O incómodo non era a conversa que estaban mantendo, senón a conversa que estaban calando.O novelista viña de publicar Santuario. Interrompera o seu costume devoto de... [Lire la suite]
samedi 15 juillet 2017

OS HOMES ELEGANTES LEN NOVELAS RUSAS

  HOUBO UNHA frase de Milena Busquets que atrapei ao voo, como se atrapan as primeiras moscas do verán, cando aínda están facendo un voo de recoñecemento do mundo. «Los hombres elegantes leen a los rusos», dicía a escritora. Seica que é filla da editora Esther Tusquets e sobriña do arquitecto Óscar Tusquets, pero xa digo, todo o que lle lin foi esa frase atrapada pechando o puño no aire cálido segundo alguén a subiu a Twitter.Os homes elegantes len os rusos. Eu estou lendo os rusos, levo uns meses lendo rusos; pero nunca... [Lire la suite]
samedi 8 juillet 2017

CALIFORNIA ESTABA DETRÁS DO CEMITERIO

    A BANDA INGLESA Radiohead tivo un novo éxito a semana pasada no Festival de Glastonbury. Foi un tema que interpretaron horas antes da súa actuación. Logo de calar o cantante, Thom Yorke, o público aplaudiu con entusiasmo esa nova canción, tan inspirada e singular como as que compoñen o seu disco O.K.Computer, que cumpre agora vinte anos. Seica estaban facendo a proba de son.     Eu souben por Rafa López, do Faro, que fora un bulo propagado por Twitter, esa arma de confusión masiva. Lembraba o xornalista... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 18:27 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,
samedi 24 juin 2017

A RISA DE ABEL CABALLERO NA CAMA

  A IMAXE É de 2011. Un artista cobra por transformar unha dependencia do Museo de Arte Contemporánea (Marco) de Vigo nunha habitación de hotel. O nome técnico e ridículo do proxecto que artellou o xaponés Michael Lin é instalación. O cambio de uso vén ornamentado desa retórica que xustifica e explica as obras baleiras. Antes, os artistas triunfadores amosaban técnica e oficio; agora, abonda cunha idea impactante. Na fotografía de 2011 vemos ao alcalde Vigo, Abel Caballero convidado á inauguración. Como foi el quen... [Lire la suite]

samedi 17 juin 2017

UNHA MISA PARA MALLO E UNHA CEGOÑA COXA

  O MUSEO PROVINCIAL de Lugo puxo o xoves unha gran sala de tiros longos para celebrar a Maruja Mallo cunha mostra. O país empeza a tomala en serio. A última vez que entrei no Café Zuckerberg lin que a anterior homenaxe que se lle fixera en Lugo a Mallo fora organizarlle unha misa. Rezouse por unha muller que se deu un garbeo en bicicleta durante unha eucaristía dominical na igrexa de Arévalo. En fin. Os que lemos o Libro de Xob sabemos que o Inferno é tan desagradable como un baño sueco, porque as almas condeadas «pasarán... [Lire la suite]
vendredi 9 juin 2017

AS OVELLAS BRANCAS E NEGRAS DE EPIMÉNIDES

AS INSTITUCIÓNS con máis secretos non son axencias de espionaxe, son os matrimonios. A miña muller non sospeita o que curioseo no móbil cando nos deitamos. Fago un escorzo para que non vexa a pantalla. A flor do meu secreto, que diría cursimente Almodóvar, é a Biblioteca Estatal de Baviera. Adoito entrar cada noite na súa web; sobre todo, para contemplar libros incunables. Reúne a mellor colección do mundo. Algunhas primeiras edicións son soberbias. As poucas primeiras edicións que atesouro na casa son libros de Galaxia.... [Lire la suite]
vendredi 2 juin 2017

HISTORIA AMPUTADA DA LITERATURA GALEGA

O SANGUE DO PINTOR Basquiat sufría unha oxidación progresiva dende neno. Andy Warhol retratou con manchas escuras na cara, unhas manchas que lle acabarían aparecendo de xeito natural. Supoño que a xente que vive rápido acaba oxidándose antes. Warhol tiña cincuenta anos cando coñeceu a Basquiat. El era un rapaz que vendía os seus cadros por un dólar a un marchante que os vendía 20.000 veces máis caros en Europa. Despois de triunfar, Basquiat pintouse como Plutón, o cego que repartía os cartos entre os esmoleiros que atopaba pola... [Lire la suite]
samedi 27 mai 2017

PINTADE HOLOGRAMAS DE CASARES, NENOS

  LEV TOLSTÓI ten unha novela cativa, El diablo, que debería parecerlle fumigante para o seu matrimonio. Tras escribila en dez días, escondeuna na cana dunha bota e alí viaxou o manuscrito ata que morreu. Temía que a muller a descubrise. O editor que se fixo cargo dese texto mostrenco debía de ter o olfacto apagado. El diablo (Galaxia Gutenberg) está protagonizado por un terratenente de San Petersburgo que ve caer o seu imperio polas débedas que deixou o seu pai no pasamento. Marcha vivir ao campo para administrar os... [Lire la suite]