lundi 22 septembre 2014

O IRMÁN DE ROSALÍA SUBIRÍA AS AUDIENCIAS

  O consumo de televisión en Galicia baixou un 7 por cento dende 2007, aínda que o Luar non deixou de emitirse venres ningún. O Anuario de las artes escénicas, musicales y audiovisuales de 2013, que elabora a SGAE, confirma que o interese dos rapaces polos medios audiovisuais en galego non medra. O noso programa canónico, encarna o espírito dun tempo que está desaparecendo.Non parece que esa desidia xuvenil poida variar cunha chamada dun líder socialista galego a Xosé Ramón Gayoso, como a que fixo, con audacia estratéxica,... [Lire la suite]

dimanche 14 septembre 2014

OS BANQUEIROS QUE ACUDÍAN COMPRAR O PAN

Agosto estaba agonizando con dramatismo. Parecía protagonizar unha novela algodoneira de Faulkner. Eu tomaba un café nun balcón de Ribadeo. Abaixo, no medio da rúa, parou un coche escuro, brillante e longo coma as pernas de Liza Minelli en Cabaret. Descenderon un chófer e máis un escolta. Abriron a porta e tenderon unhas muletas a un ancián. Era un glorioso banqueiro ribadense que se dirixía á panadería Torviso. Tiña unha intuición sobre a natureza humana dos financeiros. Confirmeina vendo o banqueiro comprando pan en persoa. Antes... [Lire la suite]
dimanche 13 avril 2014

ROSALÍA, MODELO PARA ARMAR

A IMAXE DE GALICIA no exterior viviu uns tempos máxicos nos anos 60 e 70. Un eficacísimo aparello de agitprop logrou enmarcar o país nunha serie eterna de postais nas que se amosaba a mansa e sorrinte vida galega. Os modelos representaban oficios vestindo o traxe rexional cun porte que explica o florecemento posterior dos nosos deseñadores de moda. A mostra Apostolado galaico amosa algunhas desas venturosas visións na Sala X de Pontevedra. A decadencia que padece a nosa cultura ten unha causa coxuntural na crise e a causa epidémica... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 19:26 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
dimanche 6 avril 2014

UNHA ENCHENTE DE APELIDOS VASCOS

  A SEMANA PASADA morreu o alcalde de Bilbao, Iñaki Azkuna. A miña nai naceu en Bilbao e nunca saíu da cidade se non conto a paréntese de 45 anos que botou en Galicia. A miña nai chamoume e botouse a facer consideracións sobre Azkuna. Ela louvaba e criticaba, consideraba e gardaba silencios, mentres eu lembraba o chiste do señor que entra na libraría: «Dáme un mapamundi de Bilbao?» «Como o quere? Con aforas ou sen aforas?»Tamén reparaba en que estou nesa metade do planeta que todavía non viu Ocho apellidos vascos, a película... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:41 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
dimanche 19 janvier 2014

UN WENSTERN CREPUSCULAR

  A miña muller explicoume que o caruncho dos meus libros perxudicaba seriamente os seus xerseis. Houben de inmolar a miña colección delicatessen da vella Austral a cambio de salvar a tempada outono-inverno na casa. O decoro sempre se sobrepuxo á cultura.  Despedín aqueles libros que comprara o meu tío carlista nos anos 40 e 50 cun funeral de estado. Ao follealos en sinal de respecto reparei nas manchas escuras e húmidas das páxinas. Parecía que lles subira a marea ata a metade das follas. Tratei de convencer á muller... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:29 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :