samedi 4 mars 2017

UNHA CATA DE CINCO ACEITES CORDOBESES

ANDRÉ GIDE viaxou polo Magreb en 1896. Organizara unha viaxe de vodas —ese rito atávico— tras casar coa súa curmá Madeleine. Casou sen ganas, porque llo enconmendara a nai como derradeira vontade. En Túnez métese nun «café escuro, ao que non ían máis que altísimos negros do Sudán. Algúns tiñan un dedo do pé cortado como símbolo da súa submisión». Explica Gide que eses escravos sudaneses que tanto o atraen eran devotos dos perfumes. Colgan dos turbantes uns ramallos de xazmín oloroso que dan «ao seu semblante a expresión dunha... [Lire la suite]

lundi 22 décembre 2014

DIONISIO EN ZAPATILLAS, CAMILO EN ALBORNOZ

  Dionisio Gamallo andaba por Madrid como pola casa, en zapatillas. Sempre levaba a cabeza fresca polos poemas de Rosalía de Castro e os pés quentes pola felpa. Cruzaba Ribadeo en zapatilla para comprar un brazado de perdiódicos. Camilo José Cela buscouno na súa vila natal cando camiñaba do Miño ao Bidasoa sen atopalo.     Gamallo deu clase en institutos de Madrid. As letras española e galega estaban escritas na cabeza na súa integridade. Unha tarde na que ventaba e chovía debuxou na casa o mapa do... [Lire la suite]