samedi 25 février 2017

PARA LER DIARIOS NON NECESITO CONDUCIR

Aproveitei que o luns a miña casa estaba desolada para cometer un exceso: cear sardiñas con tomate. Como os meus non aturan o cheiro das xoubas, espero a quedar so para compralas e fritilas coa exaltación de todo acto clandestino. Deixo que as sardiñas se queimen un chisco porque me encanta ese sabor torrado, aínda que teña que suavizalo cunha ensalada de tomate. Cando ceo xoubas cumpro a profecía de que non darei durmido en toda a noite: o estómago non parará de retorcerse como se o Demo me bailase sobre as tripas, pero as miñas... [Lire la suite]

jeudi 2 octobre 2014

UNHA BOMBA NA CIDADE DA CULTURA

Gustaríame que, por un instante fugaz, me acompañasen nunha visión. Imaxine, fantasíen moitos de vostedes, con que alguén pon unha bomba na Cidade da Cultura. Non require un grande esforzo porque hai dous días puxeron unha bomba na casa consistorial de Baralla. Seica que a barbarie é un resposta a que o seu alcalde, Manuel Capón, dixera hai un ano que os rojos aos que mataran os franquistas tíñano merecido. Non comparto a pena de morte, aínda que sexa nas sospeitas condicións de garantía legal que non aplicaban os falanxistas e a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:08 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,