samedi 6 janvier 2018

PÓLVORA SEN MAGNOLIAS NA DISCOTECA CANGLOR

BRAULIO SOÑA máis bonito ca min. Falamos na profunda noite do Facebook sobre Voltaire. El soña tan bonito que logra que se lle apareza o pensador francés. Braulio di que Voltaire modula nas súas ensoñacións as mesmas voces impostadas que usaba para imitar os ilustrados, o pobo ou os tendeiros nas xuntanzas do seu salón. Por todos sentía o mesmo respecto, un respecto viúvo.     Eu soño angustias. Vou Preguntoiro abaixo dende a miña pensión á Facultade de Dereito. Os rapaces de clase media non elixiamos estudos... [Lire la suite]

mardi 27 septembre 2011

HAI PASADOS QUE É MELLOR DEIXAR ESTAR ONDE CARALLO ESTEAN

Hai pasados que prefiro deixar onde estaban. Esta fin de semana achegueime ao Laboratorio Europeo de Física de las Partículas (CERN) de Xenebra. Introducínme no acelerador de partículas para sentirme coma Michael J. Fox en Regreso al futuro, aínda que sen desprezar a Máquina do Tempo de Wells. Os neutrinos correron, comigo ás costas, ata 1993. Eu sumaba 18 anos en destino. Supoño que non escolleron ese ano ao azar, malia que ese submundo de microelementos sempre me pareceu dunha anarquía exasperante. Trasladáronme ata o ano no que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , ,